Skip to main content

NOVA ORDEN DE VEDAS - Outro escándalo

Posted in

Rematou a xuntanza do Comité Galego de Caza, e acordouse a orden de Vedas para o período 2008/2009, esto é o que nos parece:

Queda claro que, por parte dos cazadores, o fin último é que, cantas mais especies e canto mais días se poida cazar mellor. Limitacións cantas menos mellor, van de ecoloxistas, pero queren moratoria para o uso do chumbo nos humedais. Non digamos nada se houbera que prohibilo en calquera tipo de cacería, como sería o lóxico.

O período de caza menor (art.2): déixano como sempre (19/10 ó 06/01), pasan por alto que non hai fauna e os POC está falsificados.

Métodos de caza (art.11): Melloran as masacres. Nos ganchos e monterías agora pódenlle tirar a todo o que se mova. Claro, sempre que estea dentro dos datos presentados no POC. Para eso os falsean e esaxeran.

Art. 12.: Agora tamén poden matar os gamos. Sempre ampliando as posibilidades de matar. Eles sempre queren mais, como se houbera moitos.

Caza por danos (art.13-1): Agora tamén poden facer batidas porque os animais son atropelados (danos causados na circulación vial). Como cada día hai mais estradas e mais animais morren atropelados, haberá mais motivos para que lles autoricen batidas. Demencial.

Art.13-1 c) : Tamén vai causar danos o corzo e tamén poden incluílo nas batidas por danos. Para eso introduciron este animal en Galicia, para matalo, para que cause danos e para que agora lles permitan batidas por danos. Surrealista.

"Artº 16- Regímenes especiales:
a)Arcea y agacha: El representante ecologista indica que tanto una como otra se encuentran incluidas en el Catálogo de especies amenazadas y se le contesta por el Presidente, que son las poblaciones nidificantes y a esas no se las caza, el alega que no son distinguibles y propone que se prohíba la caza de las dos, a lo que se le argumenta que no es razonable".

Neste artigo xa se ve o pouco que lle importa ós cazadores as especies ameazadas, así como os “argumentos” para impor o seu criterio, “no es razonable”, sexan ou non especies ameazadas hai que cazalas hasta que se acaben. (artigo moi revelador sobre o asunto, escrito por alguén nada sospeitoso de estar en contra da caza). E non conformes con cazala ,ainda fan campionatos de caza desta especie...

Sen entrar en mais detalles, queda claro que os tiros comezan o 06 de abril con o rececho do corzo que vai ata o 13 de xullo e nese mes , o día 30 concretamente, comezan a dar tiros á codorniz, ó raposo o 31, o 14/09 ó cervo, gamo e muflón, ata o día 08 de febreiro que remata a tempada de raposo, campionatos incluídos.

Ou sexa, desde abril hasta febreiro do ano seguinte, hai tiros no monte, porque se caza a codorniz, o raposo, o corzo, o xabarí, o lobo,o cervo, o gamo , o muflón, aínda que a tempada oficial da caza menor, é do 19 de outubro ata o 06 de Xaneiro.

Quen queira saír ó monte terá entre o día 10 de febreiro e o 6 de abril, a menos que haxa algunha batida ó lobo:
"a) Lobo (Canis lupus): por danos constatados desta
especie, poderanse autorizar esperas, ganchos ou
montarías durante todo o ano, salvo nos meses de
abril, maio e xuño, en que a especie está criando".


Que, por certo, seguen podendo cazalo un mes ou dous despois da cría porque,segundo eles, as crías xa saben vivir solas aínda que lles maten ós pais.

Finalmente reproducinos o acordado sobre a falsificación de datos nos POC, porque non precisa comentario, excepto que, se a Federación Galega de Caza quere colaborar, como afirma, parece que debería suspender a caza de inmediato e, antes de retomala, verificar as falsidades que existen neses POC e que poñen en perigo a fauna. Solo falan de “corrixilos”, como se non houbera unha lei que penaliza esas falsidades.

"El representante de los ecologistas manifiesta que los censos de los POC están inflados y no responden a la realidad con las correspondientes consecuencias, y que la Administración no comprueba la bondad de dichos planes y que cuando encuentra errores en los mismos no lo manda corregir. Van a recurrir al Valedor do Pobo para que intervenga y vea que medidas se pueden adoptar.
El Presidente de la FGC le recrimina las manifestaciones hechas a la prensa poniendo en duda la capacidad técnica de los profesionales que elaboran los proyectos y que la Administración cuenta con el apoyo de los cazadores para la comprobación de los POC y su corrección en caso necesario".

A administración non sabe e non responde. Están avisados dos datos falsos nos POC pero deixan facer.
Imos presentar unha solicitude, por escrito, para que revisen, fiscalicen e actúen de acordo con o que manda a lei que eles mesmos fixeron. Basta de compadreos e de cerrar os ollos á desfeita. A lei é de obrigado cumprimento para todos, sen excepcións, e a obriga da administración é facela cumprir ou prevaricar. Eles saberán o que pensan facer.

07/04/08 - Vexa as explicacións de Medio Ambiente a El País.
Desolador, a autoridade desculpase dicindo que, "por ética", non pode
revisar e sancionar un informe FALSO. Poden e teñen a obriga legal de
facelo.

03/04/08 - Último escándalo, o exame de cazador, un fraude descoberto por Ecologistas en Acción.

03/04/08 - Nova en "GZ nación".

O rexistro de NON CAZADORES xa chegou ós 10.000. ¡Apúntate!

AdjuntoTamaño
ACTA DEL COMITE 2008.doc36 KB
Arcea-La dama de terciopelo.doc50.5 KB