Skip to main content

MORTE NO POLO

Posted in

Tráxica imaxeHai menos de dous anos calculaban que o Polo Norte non chegaría ó ano 2040. Agora xa cambiaron as previsións e, segundo se desprende da última reunión de oceónagrafos realizada en Orlando (USA), parece ser que non vai chegar ó ano 2020.

Eso leva consigo que cada vez morren mais osos blancos afogados porque non conseguen chegar a plataformas de xelo estables. É dicir, desaparece literalmente o chan que pisan.

Os politicos non fan nada porque son uns mandados e, os que mandan, xa están afiando as zarpas para meter o dente nos recursos naturais que se agochan debaixo do casquete polar. Teñen o asunto tan asumido que xa nos están a convencer de que a cousa é inevitable e que nos temos que ir conformando. Incluso nos venden supostas ventaxes do asunto, como que o viño vai mellorar e imos vivir todos no trópico.

Destrozaron o mundo, cambiaron o clima, acabaron con a fauna, pero ainda non están conformes e queren mais. Debaten sobre trivialidades pero todos, cando gobernan, fan o mesmo, benfeciar as grandes empresas que destroen terra e mar, na oposición critican o mesmo que eles farían. Destes asuntos e dos inmorais beneficios das emrpesas, case todos a costa do noso medio, non din nada. É tabú.

É urxente buscar unha maneira de lles parar os pés.