Skip to main content

Crisis ¿Para quen?

                                                       

 07/08/2008 - Para bos entendedores...(Pinche neste enlace).

Os recortes nas prestacións e axudas sociais veñen a demostrar que, como sempre, a crises actual vana pagar os traballadores.


As poucas migallas que se dedican a axudas, asistencia médica, asistencia a terceira idade, etc. ven recortado o seu importe, mentres xigantescas cantidades de millóns de euros seguen a engrosar as arcas das grandes empresas que destrúen o noso País facendo autopistas e “infraestructuras”, que de nada serven para mellorar a calidade de vida dos galegos.
Seica van recortar as axudas á dependencia de 430 para 241 millóns de euros. Un recorte de 189 millóns ou, o que é o mesmo, o equivalente a 24 quilómetros de autovías e a 10 quilómetros de AVE. Pero nesto non recortan nada.


Aí non se ven os recortes. Os amos do País non van sufrir a crise que para eso mandan e teñen os políticos ó seu servicio. Faltarán cartos para o que sexa menos para eles.


O curioso é que o noso pobo non aprende coas experiencias anteriores. Estaremos cambiando de verdugo e pasando do verdugo 1 ó verdugo 2, malia que xa sabemos que ámbolos dous fan o mesmo. Neso consiste o bipartidismo a nivel estatal. Dous partidos que serven os intereses dos poderosos e nos votando a un ou outro, sabendo que os dous fan sempre o mesmo aínda que na oposición prometan o que prometan.


Compre decidir o que queremos. Si se gasta en autopistas e en AVE, non se pode gastar en servicios sociais e axudas.

 

Artigos relacionados.
http://matarpormatarnon.org/node/535

http://www.matarpormatarnon.org/node/497

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/volvemos/tren/elpepusoc/20080728elpepisoc_1/Tes