Skip to main content

Cazador condenado

Posted in

A audiencia de Ourense acaba de dictar sentencia, sen posibilidade de recurso, pola que se condena, por insultos e amezas, a un dos participantes na batida que relatamos no nos artigo “A morte preto”.


Seguramente non foi o mais culpable pero ó “responsable” da batida non atoparon probas dabondo para condenalo. Non é de estrañar, xa que no lugar eran maioría absoluta.


Sobre a denuncia administrativa que presentamos perante a Delegación de M.A. de Ourense, e a onde remitiremos esta sentencia penal, temos presentado un recurso de alzada perante o conselleiro, porque na Delegación estiveron dando tódalas voltas posibles para non facer nada contra estes “deportistas”. Vale a pena contalo.


Arquivaron a denuncia ós dez días de que a presentamos porque segundo eles “non se identificaba ós participantes”.


Vulneraron a lei de procedemento administrativo por arquivar o asunto sen nos lo comunicar. E tamén a vulneraron porque non nos informaron de que faltaban datos e tiñan que nos dar un prazo de dez días para presentalos.


A desculpa e inverosímil porque os informamos de que tamén presentaramos denuncia na Garda Civil e suponse que alí tiñan os datos dos “participantes”. UN.


DOUS: Para facer batidas é preciso que se pida autorización na delegación de M.A. polo que se supón que no despacho do lado, onde dan os permisos, estaban os datos dos participantes nesa batida.


TRES: A batida foi en decembro, cando no mes de marzo solicitamos información sobre o asunto, tamén lles remitimos “por si acaso” e sen que nos lo pediran, unha copia do informe da G. Civil cos datos dos participantes que eles identificaran .


Seica perderon esa copia do informe.


Por último tivemos que presentar o recurso de alzada porque, a pesar de tódalas incidencias do caso, resolveron arquivar a denuncia porque a Garda Civil “non presenciou” a comisión da infracción . Cousa que xa nos,e eles, sabiamos desde o primeiro día que se fixo a denuncia.


Como hai datos dabondo para que abran un expediente, fotos do animal morto na estrada, un informe da G. Civil onde constatan as marcas no lugar onde morreu o animal así como os rastros do camiño por onde o levaron arrastro, pensamos que é mais que suficiente para constatar que houbo caza en lugar prohibido.


Esixiremos tamén que abran un expediente onde se aclaren as razón polas que, xente pacífica e que pasea por unha zona de seguridade, ten que ser posta en risco e ademais sufrir insultos e ameazas de parte de un grupo numeroso de individuos armados.


Pensamos que o “responsable” da batida terá algo que dicir e algunha explicación que dar sobre o asunto.


Pensamos que a delegación de Medio Ambiente de Ourense ten a obriga legal de esixirlle esas explicacións.

Artigo relacionado:
http://matarpormatarnon.org/node/334