Skip to main content

ADEGA e 'Matar por Matar, NON' por unha Galiza sen touradas

Posted in

Brillante artigo de Julio Ortega Fraile.

Imaxes da TVGA.

Vídeo da manifestación feito por "Pontevedra antitaurina"

Galería de imaxes da manifestación en Pontevedra.

Radio galega comenta a mobilización .

7 de agosto de 2008. ADEGA e Matar por Matar NON, apoian a campaña “Galiza mellor sen touradas” así como as mobilizacións da asociación Pontevedra antitaurina.

Razóns de índole ético e de respecto aos animais, contra a tortura e pavor que senten cando son utilizados como obxectos de divertimento sádico, que para os que as fomentan e participan nestas barbaridades parecen non ser dabondo.

Somos un pobo que sempre convivíu e compartíu o traballo con estes animais. Os galegos/as temos moitas razóns para estar agradecidos/as aos nosos bóvidos e loitar polo seu benestar para que non sexan masacrados en espectáculos bárbaros. Moito é que lles debemos!

Vacas e bois foron os que mataron a nosa fame e nos axudaron no duro traballo que, hoxe, case temos esquecido pola mellora da vida. Mellora tamén acadada gracias a eles. Xa hai comunidades que non permiten que se maltrate a estes animais, aínda que lles deban moito menos do que lles debemos nós.

Galiza non poder ser partícipe de espectáculos, a cotío nos medios, onde se queiman os cornos de touros, onde se tiran ó mar, onde se ensina aos nenos a torturar a becerros de poucos meses, onde animais morren asfixiados en festas coas que eles nada teñen que ver. Festas onde bárbaros, animados polos excesos etílicos, pretenden amosar a súa masculinidade torturando a un animal indefenso, espetándoo con lanzas agochados na multitude sedenta de sangue, ou cravándolle dardos desde a seguridade de un balcón.

En Galiza temos moitas boas maneiras de nos divertir e despois durmir coa conciencia tranquila de non ter feito mal algún a inocentes, sen necesidade. ADEGA e Matar por Matar Non convidan a todos os galegos e galegas a que expresen o seu malestar pola realización destes espectáculos sanguentos e torturadores e convidándovos a participar nos actos de rexeitamento das touradas destes días tanto en Pontevedra como na Coruña.

En Galiza MELLOR SEN TOURADAS!!!.