Skip to main content

De salvapatrias e navalleiros

Posted in

Sen pretender entrar na polémica entre Consellería de Medio Ambiente e ADEGA, semella que o feito de que se estea permitindo a destrucción absurda e  esaxerada de vida para botar asfalto e beneficiar empresas constructoras en época de crise,a construcción de autoestradas sen pasos para a fauna, o desmonte das nosas montañas para encher vales nesas obras,  que non se lles esixa facer viaductos e túneles que permeabilicen esas infraestructuras, o incremento desorbitado de parques eólicos que non implican beneficio algún para Galicia, onde continuamos  a ter industrias contaminantes como a de Meirama, que segue a contaminar a pesar da instalación desas enerxías “limpas” e onde continuamos  a pagar a electricidade ó mesmo prezo que en Madrid, que se estea beneficiando as clases altas e a os especuladores do litoral cos amarres de iates e as empresas estranxeiras de peixe plano, en prexuízo da pesca e marisqueo tradicionais e contra a opinión dos habitantes desas zonas, que se continúe permitindo a explotación mineira a ceo aberto no Courel e as canteiras ilegais, que se pase por alto as reclamacións da cidadanía en beneficio das grandes empresas, que os galegos teñamos que estar fiscalizando e denunciando as agresión contra a natureza,  a flora e a fauna da nosa terra cando é un traballo que é obriga das autoridades de Medio Ambiente e  polo que cobran avultados salarios e “pluses”, que se continúe a destruír os nosos ríos e montes para que as empresas eléctricas gañen cada día mais cartos, etc. parece indicar que, ou ben non se está facendo o que se esperan desas institucións ou existe unha política que favorece os intereses empresariais en prexuízo dos intereses do pobo.
Ai vai unha serie de noticias que aparecen no día de hoxe, 17 de agosto, na prensa e que parecen indicar que alguén non está defendendo, como debería, os intereses de quen os votou.  Escusado dicir que se revisamos hemerotecas onde saen protestas de veciños, asociacións ecoloxistas, afectados, etc. chegaríamos a conclusión de que se utiliza a autoridade de  actuar en nome do pobo para vender os intereses dese pobo ós poderes económicos. Noutras palabras, que estamos pagando para que nos vendan. Tomen nota os grandes partidos de que  a xente está espertando. Cada día mais.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/plan/puertos/deportivos/provoca/rechazo/ayuntamientos/vecinos/elpepuespgal/20080817elpgal_3/Tes

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Denuncian/juzgado/vertidos/puerto/vigues/elpepuespgal/20080816elpgal_1/Tes

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/08/16/0003_7064457.htm

http://www.vieiros.com/nova/68500/advirten-do-perigo-de-aumentar-a-permisividade-nas-declaracions-ambientais-das-obras-publicas

http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=10035

http://www.publico.es/espana/actualidad/143088/partido/futbolvaca

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Hidroelectricas/investigadas/Fiscalia/compiten/rio/protegido/elpepuespgal/20080804elpgal_6/Tes