Skip to main content

Especulación en Maside

Posted in

Despois da tremenda desfeita que se está levando a cabo nas terras de Maside coa autopista a Santiago, o enlace a Carballiño, os diversos viaductos e pasos para a estrada nacional, etc., parece ser que os polígonos que tamén denunciamos, e a pesar de tódolos desmentidos do alcalde de Maside, tamén son unha nova ameaza real para a calidade de vida, as propiedades e a saúde dos veciños de Maside e Punxín, que verán as súas propiedades perder o seu valor por causa das actividades contaminantes e molestas desas instalacións ó lado do pobo. (Vexa fotos da traxedia). (Mapa do lugar).


Así que, para que os veciños coñezan mellor os seus dereitos, impidan a especulación coas súas terras e teñan o menor prexuízo posible, prestámoslles a seguinte información:

1.- Os "técnicos que elaboran o PXOU" e as "empresas que redactan o PXOU" fan o que lles indican os alcaldes e inclúen parque se así llo ordenan, así que a responsabilidade é dos alcaldes.
2.- Si a información da prensa é obxectiva, o alcalde Maside faltou á verdade cando dixo que "é a primeira noticia que teño" e que o parque ía ser "bastante lonxe de Punxín".
3.- Sabía que non era cousa boa xa que doutra maneira houbera dito que, o que se denunciaba daquela, era certo.
4.- Tentou desacreditar unha verdade que se denunciaba, con unha declaración que non se axustaba a verdade.
5.- O parque faise si os veciños queren, independentemente dos desexos ou intereses do alcalde, si non queren, deben facerllo saber ó alcalde de maneira decidida .
6.- Si o final o parque se fai, pode ser propiedade dos veciños afectados que poden, conforme á lei, ser os propietarios das parcelas do parque de acordo coas terras que aportan.
7.- Para levar a cabo o anterior é preciso que demanden que se faga de acordo con eles, que se pida a financiación para facelo, a vivenda e solo e que se repartan as parcelas en proporción ás terras aportadas. NUNCA VENDER.
8.- Todo o dito está previsto na lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural, sección II, artigos 134,138 e 139 e debe ser solicitado polo 25% dos propietarios impedindo que se faga por expropiación.

9.-  Saiban, en todo caso, os veciños de Maside que, tanto este parque como o enlace de Carballiño, solo os vai perxudicar e desvalorizar as suas casas e demais propiedades, que van quedar enterradas entre autovías, ruidos, tráfico, e industrias que afean e cotaminan o lugar. O mesmo que aconteceu en Meirama onde lles "venderon" "postos de traballo" e "progreso", e agora non se poden escapar dalí porque ninguén lles quere comprar as propiedades.

Vexa outras informacións sobre o asunto:

- Enlace Maside e “Pelotazo Urbanistico”, artigo noso hai un ano.

- 1.000 millons por quilometro, artigo noso recente sobre o enlace.

- Denuncia de ADEGA na Voz de Galicia, o 22 de xullo.

- Denuncia de ADEGA en La Region e "desmentido" do alcalde de Maside, o 22 de xullo.

- "Desmentido" do Alcalde de Punxín en La Region, o 24 de xullo.

- Noticia dun parque en Maside, de a lo menos 800.000 m2., en La Region, o 22 de agosto.