Skip to main content

Irregularidades e secretismo en Maside

Posted in

ADEGA E MATAR POR MATAR NON DENUNCIAN
IRREGUARIDADES E SECRETISMO EN MASIDE
Recomendase aos veciños non vender terreos que queiran mercar especuladores a baixo prezo
 
ADEGA e “Matar por matar,NON” veñen denunciar a política, depredadora co territorio e desleal cós veciños, da alcaldía de Maside así como a complicidade coa do Carballiño e coa Xunta de Galicia en prexuízo dos intereses dos seus veciños.
Hai un mes cando ADEGA denunciaba a especulación con terreos de Maside e Punxín para construcción de xigantescos parques industrias, inxustificados e altamente prexudiciais para os veciños destes concellos, o alcalde de Maside trataba de desmentir os feitos con unha declaración que agora se amosa totalmente carente de veracidade, dicía:

“El alcalde de Maside, Celso Fernández, aseguró ayer que ‘esta é a primeira noticia que teño, pero penso que estas son cousas que non teñen ningún fundamento’. El regidor socialista recordó que ‘a nosa aposta urbanística pasa por delimitar o chan industrial perto do parque empresarial de Carballiño, bastante lonxe de Punxín’.”( La Región -Martes 26 de xullo de 2008)

As recentes novas no mesmo xornal (La Región 22 de agosto e 2008) amosan, non so que o que denunciabamos era certo, senón que o alcalde faltaba á verdade ó dicir que “é a primeira noticia que teño”, porque é imposible que ignorara estes feitos daquela,  xa que é precisamente a alcaldía quen establece as liñas básicas para elaborar o PXOU.
Tamén faltaba á verdade cando situaba o parque industrial “preto do parque empresarial do Carballiño” xa que a recente nova informa de que “está proxectado un parque na saída do enlace de Maside de 800.000 m2.” e tamén faltaba a verdade cando afirmaba que sería “bastante lonxe de Punxín”.
O novo goberno municipal de Maside ven amosando un total despezo polas normas urbanísticas, consentindo construccións ilegais no seu territorio, como é o caso dos lugares de a Pobanza, Treboedo e Santa Comba. Neste último lugar, o propio Concello construíu un pavillón para a festa que infrinxe tódalas normas de urbanismo en vigor.
Tamén está consentindo, en conivencia coa Xunta e sen a mínima queixa, a inxente destrucción do seu territorio, para construír o enlace de Carballiño, servindo a intereses que non son os dese Concello nin dos seus veciños. Permite, sen a mínima obxección, que todo o trazado dese enlace, brutal e innecesario, coa autovía a Santiago, transcorra polo seu territorio, causando un enorme impacto, así como a destrucción de flora e fauna, o que solo prexudica a calidade de vida e os intereses dos seus veciños, sen lles reportar beneficio algún.
O proxecto dese enorme parque industrial debe estar xustificado e ser axeitado para as dimensións e poboación do concello de Maside, e non converterse en foco de especulación que favoreza o enriquecemento duns poucos especuladores a costa das terras dos veciños, xa que se pretendeu mercar terreos a 2€ /m2 que despois valen  moitas veces máis.
Recomendamos aos veciños que, no caso de sufrir as visitas de estes especuladores e testaferros, se poñan en contacto con estas Asociacións para poder avaliar quen son estas persoas e os intereses económicos que podan ter. Tamén se recomenda que, no caso de que o polígono se faga, esixan a propiedade das parcelas resultantes, en proporción ás terras aportadas. Nunca vender.

Vexa outras informacións sobre o asunto:

Artigo na Voz de Galicia

- Video da Galega. Contaminación do río polas obras.

- Enlace Maside e “Pelotazo Urbanistico”, artigo noso hai un ano.

- 1.000 millons por quilometro, artigo noso recente sobre o enlace.

- Denuncia de ADEGA na Voz de Galicia, o 22 de xullo.

- Denuncia de ADEGA en La Region e "desmentido" do alcalde de Maside, o 22 de xullo.

- "Desmentido" do Alcalde de Punxín en La Region, o 24 de xullo.

- Noticia dun parque en Maside, de a lo menos 800.000 m2., en La Region, o 22 de agosto.

- Especulación en Maside - Artigo recente.

- Oposición veciñal, de tódalas vilas proximas a Vigo, a mais autovías . El País