Skip to main content

Punxín: Caza, incendios, alcaldes e ilegalidades.

Posted in

O alcalde de Punxín, igual que moitos outros, pensa que con “manga ancha” vaise perpetuar no cargo. Craso error, os “amigos” de comenencia duran catro días e o final tódolos alcaldes que botan man desa táctica acaban caendo, non é o primeiro nin será o último.

Agora está "facilitando" a vulneración da lei que prohibe cazar en terreos queimados durante tres anos e a caza con vehículos durante a noite.


Construccións consentidas en zona rústica non edificable, permisividade na esixencia de cumprir a lei no que respecta á hixiene e conservación de inmobles, permisividade no incumprimento da lei de protección contra incendios forestais, etc. Non incluimos as fotos das casas ilegais, construídas este ano, para non ser menos que o sr. alcalde e que nos acusen de "chivatos".


Esperamos de que, un día, se convenzan de que a única  maneira de ter credibilidade e aspirar á renovación do cargo, e a de facer cumprir a lei, a todos, indiscriminadamente.


As irregularidades apuntadas son facilmente observables visitando o concello, hai edificacións irregulares que se consenten “para non quedar mal co veciño” que a comete, o que elimina calquera tipo de autoridade moral para esixir a outros que cumpran a lei.Inmobles cheos de lixo e abandonados no medio do pobo e que non se lles esixe ós propietarios que as limpen, por non se “indispoñer” con eles. A lei de prevención de incendios, que manda limpar as fincas e as proximidades das casas, sistematicamente incumprida, por se lles “parece mal” os propietarios. Lameiros coa herba sen cortar, con grave risco de incendios, por non ser demasiado “duro” na prevención de lumes.


É raro ver neste concello algunha finca que fora desbrozada, de acordo co que manda a lei. Tanto é así que, os poucos que limparon as súas fincas, deben estar a se sentir os parvos do lugar, e, por suposto, o ano que ven non as limparán tampouco. Mimosas e xestas ó lado das casas, etc.. Unha sorte que este verán fora húmido e non houbera incendios, porque doutra maneira e si dependeramos de que se aplicara a lei en vigor, teríamos unha gravísima desfeita.


Pola contra, nestes últimos días, puidemos observar que se fixo unha completa limpeza e desbroze, no medio do monte, para facilitar que os cazadores poidan rematar mellor coa pouca fauna que resta. Centos de metros de monte invadidos por clareiras, en lugares onde ninguén vai, solo para que os cazadores poidan acceder ós últimos refuxios dos animais.


Xa se lle avisou de que aínda resta un ano mais para que se poida cazar neses lugares, porque arderon en 2006 e hasta o 2009 esta prohibida a caza. Non importa, os infractores pensan violar a lei de caza e o alcalde está a lles facilitar as cousas. Non dubidou incluso en invadir fincas privadas e tirar muros, para deixar limpas certas zonas onde se pode cazar de noite utilizando vehículos.


Mentres, os montes sen limpar, as casas rodeadas de vexetación, a lei de prevención de incendios sen aplicar, camiños cheos de silvas, etc.

Por outra banda debemos lembrar que os interesados  nestas irregularidades, para cazar fora da lei, non son outros que os socios do tecor "San Trocado e Cidade". O mesmos que din que hai oito raposos por quilometro cuadrado, que denunciamos por facer batidas de xabarí nas estradas públicas e que algún xa foi condenado porque, ademais, ameazou a quen paseba por perto.

Os mesmos que foron denunciados, reiteradamente a Medio Ambiente por estas irregularidades, pero que, incomprensiblemente, aínda non se tomou medida ningunha contra eles e seguen cazando con censos falsos. Non nos estraña que cada día sexan mais ousados.

 

Vexa outras imaxes do que non se debería facer e se fixo e do que se debería facer e non se fai (Pinche na imaxe para ampliar):