Skip to main content

Maside : Pelotazo urbanístico

Posted in

Xa denunciamos hai mais de un ano. O enlace da autopista entre Maside e Carballiño é innecesario, solo serviría para facilitar o "pelotazo" urbanístico que algúns pretenden levar a cabo.

A creación de novas urbanizacións e a especulación con zonas rústicas dese Concello.

Despois do xa denunciado sobre os xigantescos polígonos que se prentende construír, agora, e polo que se ve nesta noticia de "La Región", tamén están "preparando" o terreo para as recalificacións de solo rústico onde se construirán esas urbanizacións. Solo rústico, non esquezamos, que xa foi comprado hai tempos, por algúns "ben informados", con esa finalidade.

Pouco a pouco iremos descobrindo o tipo de "rica miel" existente no "panal" de Maside, onde hai pouco mais de un ano numerosas "moscas" acudiron.

Pouco a pouco aprenderemos o que gañaron os "listos" paisanos que venderon fincas, que "non valían nada", a "parvos" empresarios que llas compraron por poucos euros.

Pouco a pouco iremos sabendo as "altruístas" razóns dos que renunciaron a postos ben pagados na administración, para se presentar a cargos públicos "non remunerados".

Saberemos as razóns de facer un enlace que destroe medio Maside, cando existe outro enlace na estrada de Cea.

Como xa sabemos quen comrpou, quen vendeu e quen recalifica, saberemos quen gaña, quen perde, así como o enorme precio medioambiental que todos pagaremos para que uns poucos gañen moitos cartos.

O Maside tradicional quedará arruinado e enterrado no medio de burellentas e suxas autovías, e o Maside rural, arrasado e urbanizado, será unmha nova "cidade dormitorio", vendida en parcelas os de fora. O conto xa é vello...

Os diferentes gobernos serven ó mesmo patrón que lles paga. Somos o país con mais quilometros de estradas e de "alta velocidad", porque así gañan mais os empresarios da construcción e os especuladores. Mentres, os vellos morren abandonados en suas casas por falta de asistencia social e residencias.

Noutros países gastaron eses cartos en sanidade, ensino, xustiza, infancia, familia, salarios, pensións, etc. aquí gástano en chapapote.

Levando na cabeza, un día aprenderemos que ninguén nos regala nada e que as cousas teñen motivos moito mais prosaicos, por moito que nos vendan a desfeita "polo noso ben".