Skip to main content

Presupostos "solidarios"

Posted in

Como se pode apreciar nos presupostos do Estado, a crise vai afectar a uns mais que a outros. Hai a quen non lle vai afectar o “recorte”.
No caso de Galicia, o 77 % do total de inversións van dedicadas a facer da nosa Terra un auténtico prato de espaguetes. Ou sexa mais autovías, AVE, e chapapote en xeral.
Para trens de proximidades non ven un euro.
Pensan seguir arrasando Galicia para que os grandes da construcción aseguren os seus beneficios. O final foi para eso que os puxeron no goberno.
Como do resto estamos ben, o outro 23 % vai para educación, sanidade, asistencia social, etc.
Precisamente os gastos que se reducen son os de Medio Ambiente e Cultura, entre outros, que segundo eles deben ter menos importancia que facer autovías.

 

Tamén lles están a “meter a man” as pensións, permitindo que os bancos leven parte do pouco que cobran algúns destes superviventes con 300 euros ó mes.

 


O gasto para universidades non acada o 1% do PIB e estas institución quéixanse do estado precario en que se atopan.
Para se facer unha idea, o gasto por alumno nas universidades de Galicia  é a metade do que se gasta en Cataluña e estamos tamén por detrás de Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Valencia, Madrid, Murcia, Navarra y el País Vasco. Ou sexa dos últimos, parece que a ignorancia dos galegos interesa ó sistema e os seus representantes.

Por  si alguén ten dubidas de quen son os beneficiarios dos recursos xerados polo noso traballo de asalariados e está escandalizado porque o goberno americano quere comprar as débedas impagadas dos cobizosos que enganaron o pobo americano, que se vaia informando do que se coce na UE, onde atopamos “perlas” como as que seguen:


La patronal europea indicó a Nicolas Sarkozy, presidente de turno de la UE, que los problemas de las empresas deben resolverlos los gobiernos y, admitió la necesidad de regular los mercados pero «sin exagerar».
...

El ejecutivo de la UE facultará hoy a la responsable de Competencia, la holandesa Neelie Kroes, para autorizar ayudas de emergencia sin necesidad de pasar por el pleno de comisarios.
Durante un periodo de tres meses, que podría ser prorrogado, Kroes podrá adoptar en solitario -de acuerdo con el presidente de la Comisión y tras consultar a los comisarios de Mercado Interior y Asuntos Económicos- decisiones positivas sobre medidas de rescate de entidades financieras.
….
Por su parte, el presidente de la Comisión, José Manuel Durao Barroso, señaló que «las reglas de la competencia de la UE no impiden el salvamento de bancos con planes para inyectar miles de millones de euros por parte de los gobiernos», según señaló en una entrevista a la cadena de televisión France 24.

Aquí, como o problema é que os millóns que gañaron as inmobiliarias e os Bancos se lles indixestaron, as axudas van para estes sectores que seica van gardas os cartos gañados nos anos pasados de vacas gordas e agora reclaman que lles resolvan os problemas actuais. Seica teñen demasiados pisos en propiedade, entre os que non venderon e os que lles incautaron os que non poden pagar.

Por certo, que si alguén ainda non sabe ben como se xerou o problema das hipotecas "basura", aquí ten unha boa e nítida explicación.