Skip to main content

Defendendo os "nosos" intereses

Posted in

Actualización do 13/10/2008: Iberdrola "Verde"...

Por se alguén aínda tiña dúbidas dos intereses os que serven os políticos, unha vez que son elixidos para cargos públicos, aí van unhas cantas noticias que lles pode aclarar o asunto.

Nelas queda claro que, tanto uns como outros, están programados con anterioridade para que ,sexa quen sexa o elixido ou pertenza o partido que pertenza, a súa función, unha vez no poder, será atender os intereses dos poderosos que mandan no mundo e neles. Eso si coa lexitimidade que lles outorga a famosa frase de que “actúan en nome e representación” de todos nós que fomos quen os eliximos.
Pouco vale se todos serven o mesmo patrón e solo temos o dereito de escoller a unha das dúas caras da mesma moeda.
Parece que a única solución é que eso de que unha vez que ocupan o poder poidan facer o que lles dea a gana durante a lo menos catro anos, remate e poidamos botalos fora no momento en que se lles “vexa o plumero” e os intereses os que serven.

Nesta noticia podemos “apreciar” que as cualificacións dos espacios protexidos non se fan en función do seu valor paisaxístico ou natural e a súa delimitación está condicionada pólos intereses económicos que poidan afectar.

Esta outra, tamén relacionada coa anterior, amosa que incluso se pasan por alto as recomendacións dos técnicos e institucións oficiais que deben valorar o asunto, e acaban impoñéndose os intereses económicos. Para eso están as nosas “autoridades” que tan ben falan diante dos micrófonos e dos medios de comunicación.

E por último, e aínda que non está todo o que hai, o atrevemento de destruír o mellor de Galicia para facer unha actuación descarada en favor do que vimos denunciando sempre: Constructoras, petroleiras, industria do automóbil, etc. Na Serra da Lastra está prohibido escalar, para preservar o Medio Ambiente, pero o que parece, facer unha autovía que a atravesa non perxudica nada ese Medio.


Poderíamos continuar durante días, cos Canóns do Sil a favor de Iberdrola e Fenosa, O Courel a favor das louseiras, os ríos de Galicia a favor das eléctricas, o monte e a fauna a favor da industria da caza, etc. Onde se movan cartos aí están os nosos “representantes” destruíndo e vendendo o que é patrimonio de todos para beneficiar os que reparten os cartos.


Claro que tamén deberíamos mirar con coidado as razóns de que na nosa terra esto sexa moito mais descarado que en outros países ou comunidades. Igual temos o que merecemos.

AdjuntoTamaño
Cantiga de as encrobas.mp34.96 MB