Con ocasión do “Foro Mundial de la Naturaleza”, inaugurado no “Parc del Fòrum de Barcelona” estamos tendo ocasión de escoltar voces autorizadas que deberíamos contrastar coa política que a diario nos venden dirixentes e empresarios, onde nos queren convencer de que “hai que medrar” (crecemento económico) e “progresar” así como aumentar a poboación que, segundo eles, aínda é pequena e seica lles compren mais “clientes”, “consumidores” e man de obra barata.
Fronte ó crecemento desmedido, que consume os recursos da Terra que se están esgotando, e que solo aporta beneficios ós capitalistas, parece ser que a posición mais racional destes científicos e entendidos na materia, é a de que, sendo menos, aínda que as empresas teñan que fabricar tamén menos e non poidan presumir de aumentos de beneficios como fan agora, tamén poderíamos aumentar o noso nivel de ben estar, consumindo menos recursos.
Ou sexa, menos recursos entre menos persoas, mellor repartidos e con menos individuos a repartir, poderían tocar a mais sen esgotar a natureza, o medio ambiente, as demais especies e a biosfera. Establecer medidas de contol no aumento da nosa especie.
O grande capital empeñase en que debemos aumentar a tasa de natalidade para eles poder aumentar as ventas, os beneficios e a man de obra barata. A pregunta é hasta cando pensan seguir así, cando pensan parar, ¿cando non caibamos mais no mundo?¿cando se esgoten tódolos bosques e as demais especies?¿cando morramos por falta de osíxeno?¿cando teñamos asfaltado o mundo enteiro e non queden mais espacios verdes?.
Nestes enlaces poden ler algúns artigos sobre o asunto da sobre poboación humana e súas consecuencias envelenando o medio que nos permite vivir:
http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=550045&idseccio_PK=1021
(Ted Turner, destrucción ambiental)
http://www.publico.es/ciencias/medioambiente/161877
(mamiferos en números vermellos)
http://www.geocities.com/CapitolHill/Congress/3731/apo7.html
Poboación humana cifras e gráficos)
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/hace/algo/atun/sera/proxima/especie/caer/elpepusoc/20081007elpepisoc_3/Tes
(Extinción do atún)
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/comunidad/cientifica/alerta/extincion/masiva/mamiferos/elpepisoc/20081007elpepisoc_4/Tes
(Extinción masiva de mamíferos)
http://www.iucn.org/news_events/events/congress/index.cfm?uNewsID=1695
(Perigo de extinción de especies)
http://www.sagan-gea.org/hojared_biodiversidad/paginas/hoja32.html
( Poboación e recursos)
- Inicie sesión para enviar comentarios