Skip to main content

Consellería: ¿De Medio Ambiente, ou dos cazadores?

Posted in

Non se trata de un titular mais ou menos sensacionalista, senón de unha seria cuestión que se debería aclarar o antes posible por parte desa Consellería para eliminar as dúbidas que xorden como consecuencia do seu comportamento  discriminatorio, tolerante e totalmente permisivo co comportamento dos cazadores,  coa impunidade e falta de fiscalización con que os seus actos son tolerados por parte desa Consellería.


Actos, non esquezamos, que están causando, non so unha seria degradación do medio e da fauna, como tamén víctimas entre pacíficos “non cazadores” , algúns dos caes resultaron mortos polo comportamento temerario deste colectivo, que cada día mais, actúa coa sensación de impunidade que lle outorga a falta da vixilancia e fiscalización necesaria. (Pinche na foto e vexa...)


Deixamos aquí un par de exemplos para que todos poidan sacar as súas consecuencias.

Unha perigosa infracción á seguridade de terceiros durante unha batida de xabarís:

O día 09 de decembro de 2007 mandamos un escrito a Delegación de Ourense, denunciando unha batida que se fixo o día anterior e durante a que se matou un xabarí ó lado de unha estrada asfaltada. Ou sexa nunha zona de seguridade e poñendo en perigo a terceiros.


Tamén se presentou unha denuncia na G. Civil por ameazas dos cazadores ás persoas que por alí paseaban e lles recriminaron a súa imprudencia.


Estas denuncias tiveron nulas repercusións por parte das autoridades de Medio Ambiente a pesar de que houbo unha condena penal para os cazadores.


Presentamos un recurso de alzada perante o Conselleiro, con data 21 de xullo de 2.008, en contra do arquivo  das actuacións decidida póla Delegación e, ademais, relatamos o cúmulo de irregularidades que se levou a cabo durante a tramitación do expediente.


Hasta esta data tampouco tivemos resposta algunha ó recurso.

O escándalo dos censos de caza.

Como xa informamos, iniciamos actuacións para verificar a realidade dos censos que presentou algún tecor e onde se afirmaba que había 8 raposo por quilometro cadrado e que se avistaran, desde un automóbil, 33 animais durante un recorrido de 1 hora polo monte. Datos cós que se elaborou un POC (Plan de ordenamento cinexético)  que lles permitiu, e lles permite nese Tecor, cazar un número de animais que é imposible que exista.


Nun primeiro escrito (30 de novembro de 2007),  informamos á Consellería de Medio Ambiente de que eses datos representaban 16 veces mais animais dos que, en tódolos estudios científicos, se consideran como normais nos nosos montes.


Ós pouco tempo xa nos responderon (02 de xaneiro de 2008) de que ese estudio fora feito por “técnicos” e que o daban por bo, salvo proba en contra. Os estudios e bibliografía que lles mandamos seica non eran de abondo.


Así as cousas, nós mesmos e coa axuda de persoas imparciais coñecedoras do monte, fixemos unha verificación dos animais que se podían avistar a esas horas e no mesmo recorrido no monte e atopamos que, onde eles viran 33 animais, nós solo vimos 3.


Fixemos un informe avalado por un biólogo e presentamos este estudio na Delegación de Medio Ambiente de Ourense.


Non pedimos que o deran por bo, como fan cos que presentan os Tecores, solo presentamos os datos e propuxemos que eles fixeran tamén unha verificación oficial. O que non é nada difícil porque calquera garda ou axente de Medio Ambiente poderíao facer calquera día en un par de horas.


Pasou o tempo, transcorreu o prazo de silencio administrativo e presentamos un recurso de alzada perante o Conselleiro de Medio Ambiente con data 01 de xullo de 2008.


Levamos agora 3 meses esperando e, igual que pasou co informe por parte da Delegación de Ourense, tampouco houbo resposta algunha a ese recurso.


Neste medio tempo, ademais, tivemos reunións con Delegados co Director Xeral de Conservación, etc. solicitando medidas e que se tramitasen os asuntos. Recebemos boas palabras pero nulos feitos.


Parece evidente que cando se trata de arquivar asuntos relativo ás trapalladas e infraccións dos cazadores ou dos tecores, a  resposta é inmediata.


Por outra banda, cando se presentan datos, probas, estudios, etc. que poden demostrar a existencia ou indicios desas irregularidades,  o silencio das nosas autoridades é clamoroso, manifesto e ruidoso.