joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Hai que prohibir os animais… | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Hai que prohibir os animais…

Posted in

Sinal dos tempos. Agora resulta que os animais “provocan” accidentes.
As imaxes na TV de un xabarí circulando póla A-6 en Madrid penso que as vimos todos. Ó final a nai resultou atropelada e o fillo foi retirado.


Non é o primeiro nin será o última caso, incluso xa houbo mortos, son incontables as  noticias que aparecen na prensa sobre accidentes ocorridos pola presencia de animais nas autopistas que invaden o seu  territorio, pero as “infraestructuras” das que tanto presumen os nosos políticos, seguen a se facer sen pasos de fauna que permitan a libre circulación dos animais sen invadir as autoestradas. Hai que aforrar en costos para que as constructoras gañen mais cartos.


Incluso en Galicia, onde case sería inevitable a construcción de túneles e viaductos debido á súa orografía, estas obras fanse a costa de mover terra, quitando montes e enchendo vales, e acaban tapando calquera tipo de posible paso para animais ou persoas. Sáelles mais barato mover terra que facer túneles ou viaductos. Aforran en traballadores e resolven a obra con un par de escavadoras e algúns camións. Normalmente portugueses.


Pechan e dividen o territorio, colocan barreiras infranqueables que os animais non poden atravesar para se reproducir, comer ou beber, e despois acúsannos de “provocar” os accidentes. Haberá que prohibir a existencia de animais, así rematamos co problema.

De feito, se continua tanto "progreso" e consecuente ocupación e aritificialización do territorio  por "infraestructuras", polígonos industriais, campos de golf, urbanizacións, etc. detro de poucos anos e mais que posible que xa non quede animal ningún para "provocar" accidentes.


Curiosamente os responsables políticos e os que proxectan e constrúen esas “infraestructuras” non teñen culpa ningunha dos feridos, mortos e danos materiais que a súa desidia e cobiza provocan. Bótanlle a culpa nas noticias os animais e nós tan contentos. Eles non teñen culpa de nada.


Tamén podemos comprobar o tratamento que recibe o lobo nas noticias dos xornais. Seguen a chamalo “alimaña”, como si ele tivera culpa de se ver obrigado a comer e a criar os seus fillos.


O feito de que o home, cada vez mais, ocupe o seu territorio, a case desaparición da especie como tal, a invasión do seu hábitat e o parcelamento do medio en que viven, parece ser que non ten nada que ver co asunto. Rematarán tamén os problemas co lobo cando este se extinga. Admirable.
Finalmente e como as novidades non veñen solas, tamén temos o caso dos cazadores que “regalaron” un xabarí ós veciños que lle deron de comer ó animal o ano todo.


Sae na prensa como unha grande fachenda. De lles pagar ós paisanos por cazar nas súas fincas non se fala nada. Si queremos que o rural sexa rendible e que a caza represente riqueza, non abonda con lles “regalar” un xabarí dos tres que mataron. Hai que repartir parte dos cartos que move a caza cos labregos que lles dan de comer os animais e non facerlles “regalos” e venderlles o favor de matar os xabarís, corzos ou o que sexa. O final de contas foron os tecores os que introduciron eses animais no noso monte para que os cazadores se divirtan e utilicen de balde as propiedades e as colleitas dos labregos. Claro que, neste asunto, tamén os propios agricultores teñen moita da culpa por se deixar enganar con ese tipo de “favor”.