Skip to main content

O debate da canceira

 - 30/10/2008 -Matar por matar,NON, négase a entrar na dinámica de insultos e    descualificacións sobre a canceira.

Pensamos que se está descualificando moito, eso si, despois de un eloxio envelenado. Tamén é certo que o que se está dicindo é moi forte, insultase, fanse insinuacións contra uns mentres se acusa do mesmo ós outros, etc. E chegase a puñaladas incomprensibles  a quen se apoiaba antes. Ou sexa a nós e sentímonos feridos e traizoados porque o único que procuramos sempre foi o ben estar dos animais. Exclusivamente.


Para rebater as cortinas de fume que se están lanzando,  precisaríamos páxinas e páxinas, polo que pensamos que é mellor obvialas e ir ó fondo do problema.


É certo que o cans estaban abandonados e vivindo entre excrementos, tamén é verdade que os traballadores do Concello nunca aceptaron controle algún da nosa parte, crearon mil conflictos e chegaron ó insulto (“Non es ninguén, es un cero a esquerda, etc.”) mentres nos traballabamos das 8 ás 23 hs.


En abril, había dúas persoas, con catro cepillos de varrer o piso, tres caldeiros e un par de palas vellas. Sen auga corrente era imposible que estiveran limpas as gaiolas.


Así que se obviamos as cortinas de fume, poderemos descubrir que o fondo do asunto son os intereses económicos, nin mais nin menos. Moitos cartos e poucos gastos.


Os cans estaban abandonados porque se utiliza o persoal do Concello sen supervisión e fixeran o que fixeran, eran gratis. Non lle ían esixir rendemento, encima...


A instalación estaba mal porque non había, nin hai, ninguén de mantemento facendo reparacións, melloras, realizando investimentos ou contratado para facer obras. Ou sexa, non se ve  inversión dos recursos que se receben.


Os cans comen día si e día non, porque a comida facilítaa Coren e Castro Bello tamén é gratis (a pesar do publicado en "La Región" e na "Voz de Galicia") . Non se gasta en pienso para entre días, nin para que coman entre o venres e o luns. Cando hai ponte pasan sen comer varios días, porque “non hai un céntimo”. Na ponte do 15 de agosto tivemos que comprar nos o pienso.


Esto noutro lugar xa houbera dado lugar a unha auditoría.


Aquí tratouse de remediar discretamente o problema e falouse con Outeiro (ou sexa, Paco Valeiras), coa concelleira e co alcalde. Nin caso, pásanse a “pelota”.


En primeiro lugar deberíase explicar cómo se gastaron 250.000 Euros da Consellería, dos cales solo aparecen licitados no DOG 150.000, nunha obra con grandes carencias e moitas deficiencias. A concelleira di que os administrou Outeiro (Paco Valeiras).


Tamén se debería explicar como se gastan os 10.500 Euros da mancomunidade, que eles xustifican coa furgoneta de valeu 6.000 euros e  moitas veces teñen que botar man da do Concello, porque está avariada, para levar a comida á canceira e a tres lugares mais.


Como se gastan os 3.000 Euros que da o Concello a Outeiro.


Onde se gastaron os 24.000 mais 4.000 mais 12.000 Euros que Outeiro recibiu entre outubro de 2006 e agosto de 2007.


Este ano (2008) concedéronlle, aparte dos 10.500 da mancomunidade e os 3.000 do Concello, outros 14.000 da Consellería. Aínda que sexan outorgados directamente a Outeiro, se eles levan a canceira e o centro de fauna, algo deberían ter invertido neses lugares.


Tamén se cobra por recoller cans e por levalos, pouco, pero con eso págase ó veterinario e aínda sobran os cartos dos cans recollidos.


Este é o debate que se está eludindo e esto non son insinuacións é o que hai.


Falan de que “van deixar” a canceira, dende que eu recordo, eso si, engadindo sempre que lles compren mais cartos, pero nunca a deixan.


As melloras feitas, importantísimas  porque permiten ter auga corrente, bebedoiros e lavar as gaiolas dignamente, custaron 3.000 Euros. Haberá unha explicación de por qué non se fixeron antes.
O presidente da mancomunidade propuxo que valeran por conta da subvención trimestral a Outeiro e negáronse.

Matar por matar, NON  -  30 de outono de 2008

 

Documentos:

Acordo consello da Xunta con subvención de 250.000 Euros.

Subvencións Cons. M.Ambiente agosto 2007. (24.000 + 4.000 Euros)

Subvencións Cons. M.Ambiente outubro 2006 (12.000 Euros)

Subvencións Cons. M.Ambiente outubro 2008 (8.900 + 6.000 Euros)Páx.18965 e 18966.

Licitación canceira do Carballiño (DOG).

Licitación canceira do Carballiño (BOP).

AdjuntoTamaño
Consello da Xunta canceira.doc27 KB
Subv.Outeiro 1.pdf83.7 KB
Subv.Outeiro 2.pdf39.49 KB
Subv. 2008.PDF834.33 KB
Licitacion canceira DOG.pdf27.78 KB
Defectos obra.jpg649.62 KB