Skip to main content

Ecoloxismo á medida

Posted in

12-11-2008- Últimas novas. "A Cámara examina as axudas a FEGAMA" (que é a recén estreada Federación Galega de Medio Ambiente, que recebeu, neste ano da sua estrea, uns golosos 300.000 euros de subvencións).

10-11-2008 - Foron moitas e moi grandes as expectativas cando cambiou (¿cambiou?) de cor o goberno de Galicia. Tan grandes como a frustración que agora sentimos ante as idénticas políticas medio ambientais e as idénticas manipulacións para calar ós críticos. Tan idénticas que parece existir unha crise de identidade entre  ámbalas opcións de goberno que nos ofrecen e que, cando instalados no poder, actúan de maneira  mimética. De pouco vale cambiar de A a B porque o resultado é o mesmo.


Resulta que había unha trintena de asociacións ecoloxistas en Galicia e que, nestes últimos anos, conseguiron acadar un elevado porcentual de desacordos coas políticas da Consellería de Medio Ambiente. Tanto que, posiblemente, sexa a época onde mais foron contestadas as actuacións desa Consellería  e non sen motivo.


Como “solución” ó problema e nunha actuación digna de Maquiavelo, nos seis primeiros meses do ano créanse, repentinamente, outra trintena de “asociacións”, con sospeitosa coincidencia de dirixentes pertencentes ó partido desa Consellería, así como unha descoñecida tamén Federación Galega de Medio Ambiente.


Das mobilizacións desas asociacións solo se coñece a crítica, por “descoordinación”  nun incendio, á consellería de Medio Rural.
Agardouse a que estiveran constituídas para sacar as subvencións da Consellería que saíron en agosto cando, antes, sempre saían a primeiros de ano.
Repártense as subvencións de maneira xenerosa a esas “novas” asociacións, recórtanse na mesma medida as subvencións ás asociacións de sempre e así “resólvense” os problemas do medio ambiente en Galicia.
E en marzo... ¿a quén lle votamos? ¿pasaremos a vida cambiando de gris a cinza e de cinza a gris?
Detalles sobre o asunto nos documentos anexos e enlaces detallados no artigo de "A nosa Terra".

http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=17537


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/federacion/ecologista/recien/creada/lleva/mitad/ayudas/elpepuespgal/20081107elpgal_2/Tes


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Ecologistas/acusan/Medio/Ambiente/amanar/ayudas/colectivos/afines/elpepiautgal/20081108elpgal_4/Tes