Skip to main content

De armas, accidentes e osos

Posted in

15-11-2008- Curiosas as cousas da caza ... unha osa seica ataca a un cazador (quen previamente a molestou nunha batida de xabarí e ademais chamou a súa atención con gritos cando ela se retiraba) e agora queren rematar con tódolos osos (solo hai 20 en todo o Pirineo) do Val de Arán. E eso que a tal osa nunca pretendeu matalo xa que, se así fora, o “cazador” non o estaría contando.
Por outra banda resulta que un cazador matou a un parente con CATRO tiros porque seica o “mirou mal”. Evidente e loxicamente a ninguén se lle ocorre que hai que rematar con tódolos cazadores. E neste caso si parece que se pretendeu matar porque, entre outras cousas, tivo que recargar a escopeta para poder disparar os catro tiros.
Houbo outros casos nestes días como o de outro oso atropelado na A-6 e sobre o que se publicaron algunhas medio verdades.


Non é de hoxe que vimos repetindo que os osos e os animais en xeral non son os responsables dos accidentes e atropelos nas estradas. Mais ben son as víctimas,  porque os señores políticos, socios e defensores dos intereses das constructoras, non lles obrigan a facer pasos para a fauna cando con súas “infraestructuras” invaden, parcelan e pechan os territorios que os animais precisan para comer, beber e se reproducir.


Tampouco é de hoxe que vimos repetindo que compre un control das novas armas de caza maior que se están utilizando, con alcances de hasta tres quilómetros, cando a normativa existente está feita para o uso de escopetas que non chegan mais aló de 100 metros. E iso a pesar do número de accidentes e mortes que ese asunto xa causou. Tampouco a ninguén se lle ocorre que hai que rematar con tódalas autoridades, mais preocupadas co negocio das armas que coa seguridade do público e que, xa hai tempo, deberían ter establecido normas rigorosas para o uso destas armas que acaban matando a quen nada ten a ver coa caza.


As enquisas amosan de maneira clara a preocupación dos cidadáns co problema desas armas,así como o clamor xeral para que a utilización desas e das outras sexa mais vixiada,  cando os señores “deportistas” de “matar o que sexa” andan soltos polo monte sen axentes de medio ambiente ou do Seprona dabondo para que os controlen, miren onde andan cazando, verifiquen si respectan as leis e as distancias de seguridade e lles fagan controles de alcoholemia como manda a lei que, como sempre neste país, raramente se fai cumprir se é das que non “interesan”.


Non hai recursos para vixiar o monte, nin para controlar que os cans teñan chip (o que ocasiona numerosos abandonos), nin para facer probas de alcoholemia (nunca vin facer a primeira), etc. de maneira que o monte e territorio “comanche” porque os axentes son poucos, non lles dan medios e, cando pillan a algún, nunca lle falta un “padriño” que “intervén” a seu favor...


Coidado con saír ó monte os días de caza, porque cada día hai menos monte e mais armas disparando a calquera cousa que se mova, porque o que son animais, poucos quedan.