Skip to main content

España campiona en contaminación

Posted in

18-11-2008- O final a diferencia entre predicar grandes verbas, falando do protocolo de Kyoto, defensa do medio natural, reducción de gases, etc. e a dura realidade, acaba sando á luz.


As desaforadas políticas, dos comisionados que ocupan cargos públicos,  de entregar tódolos recursos do Estado e o froito dos nosos impostos ás grandes constructoras, queda en evidencia nos informes emitidos por Nacións Unidas, onde España aparece como o País que mais aumentou as emisións de gases de efectos invernadoiro e o que mais incumpre o Protocolo de Kioto.


Lonxe de promover o transporte público, sustentable e menos contaminante, os comisionados das grandes empresas que mandan no noso País, dedicáronse  e continúan dedicándose a malgastar os nosos cartos en destruír o medio ambiente, os lugares mais tradicionais, os restos da nosa historia, as mellores vilas e recunchos mais preservados da nosa terra, facendo, cada día mais,  autoestradas que dividen o noso territorio, crean infranqueables barreiras no medio natural e destrúen o mellor conservado de Galicia.


Mentres, os enfermos son amoreados nos corredores dos hospitais, as escolas van pechando no rural, as pensións son as mis baixas de Europa, os salarios o mesmo, as residencias da terceira idade non son dabondo, as axudas á  dependencia están paralizadas, o transporte público non existe, as vías tradicionais son pechadas, e as axudas, cando se prestan, son para os grandes bancos e empresas que financian ós partidos que gobernan o País.


Seguen, mentres, as predicas de boas intencións respecto á reducción da contaminación e as campañas de imaxe no medios. Campañas hipócritas, agora tamén coa axuda da selección de fútbol, coas que tentan tapar a enorme desfeita que se está producindo na nosa Terra.


Somos o País que mais despreza as políticas de reducción da contaminación, única e exclusivamente, para que as grandes constructoras, as petroleiras e a industria do automóbil e derivados, gañen cada día mais cartos.


Son autovías por tódolos lados, a Santiago, a Celanova, enlace de Carballiño,  Vigo integra, as da Costa da Morte, etc. Temos mais quilometros de autovías que calquera país do entorno, presumen os nosos gobernantes de ser o país con mais alta velocidade do mundo e o resultado, cando se nos vende ese mal entendido “progreso”, é o que é: Destrucción, contaminación e falta de servicios básicos.


Aí temos os voceiros dos partidos que gobernan, ou gobernaron, vendéndonos fume cada día, inversións que solo benefician ós poderosos e que a eles lles pagan para que nos las fagan ver como se foran “progreso” e para o noso beneficio, “infraestructuras” para o “noso” progreso, polígonos en tódolos pobos e vilas para que neles poñan o que non queren nas grandes cidades, postos de traballo envelenados onde se pagan salarios de miseria ós parados do rural e onde os empresarios sen escrúpulos conseguen terreos a baixo prezo destruíndo lugares tradicionais que agora, coa indiscriminada construcción de autovías, lles quedan a xeito por poucos cartos. Porque ese e o fin das autovías libres de peaxe: Que os empresarios poidan instalar polígonos no rural, ben servidos por esas autovías e en terreos baratos. Lugares onde o abandono tradicional facilita que calquera promesa de postos de traballo reciba o apoio de unha poboación desesperada que non consegue ver o engano e acepta calquera desfeita para saír dese abandono.


En poucos anos seremos unha enorme autoestrada que pasará por encima das nosas casas e estará rodeada de polígonos e industrias contaminantes. Porque semella que, polo de agora, a cousa non vai parar.