Skip to main content

O sádico negocio da caza en TVE

Posted in

22-11-2008- O sadismo, as mortes gratuítas e por diversión, o maltrato animal, a cegueira interesada dos organismo públicos de vixilancia e controle, que deberían reprimir o maltrato e as condicións inhumanas dos galgos e demais animais, utilizados para cubrir a falta de coraxe dos matarifes  que sacrifican os seus cans para que eles poidan matar con seguridade e sen perigo.
O “deporte” brutal de matar seres vivos e indefensos, que solo queren criar os seus fillos pero que, para certos desalmados e insensibles individuos da especie humana solo son obxectos cós que se divertir quitándolles a vida.
En definitiva a crueldade e a brutalidade de todo un País, o noso, no que todo se xustifica en aras dos ingresos que produce e dos cartos que move. Tanto da que sexa, neste caso a caza, como os touros ou o sadismo das festas con animais onde covardes, agochados na multitude e na seguridade, acosan e torturan a indefensos animais para dar saída á súa covardía e o seu sadismo.
Cumpría ver a estes “valentes” na condición de presas, así como unha boa explicación de por qué non se toman medidas contra o maltrato e as inmundas condicións en que viven e morren os seus cans. Que alguén nos explique onde están os que se supón que cobran por controlar que esto non aconteza.


Pasen e vexan:

http://www.rtve.es/alacarta/player/346687.html