Skip to main content

Malgastando e destruindo

Posted in

01-12-08- Novas da Manifestación: Faro de Vigo, Vieiros, La Voz de Galicia, El País, EPGalicia. Galicia Hoxe.

26-11-2008- Sobrecolledor documento sobre o que o poder económico, por medio dos políticos que o representan, está a facer coa nosa terra e cos recursos económicos que tanto precisamos para transporte público, servicios sociais, escolas, hospitais, residencias, etc.


Procede do movemento contra o plan Vigo Íntegra, que convoca unha manifestación para o día 30 deste mes, pero destaca toda a argumentación que temos presentado nas nosas páxinas sobre este asunto e contén referencias do abuso que se está a cometer na orxía de construcción de vías de alta capacidade, que destrúen o País, e no esquecemento do transporte de proximidade por medio de trens, moito mais económico, ecolóxico, limpo e seguro.


Están enchendo Galicia de vías de alta capacidade, nunha loucura destructiva que nos pon á cabeza de Europa en vías desta natureza e nos últimos postos canto a transporte público e servicios sociais. Todo eso mentres nos medios nos falan de ecoloxía, transporte sostible, controle da contaminación, conservación do territorio, bla, bla, bla.


Impresionan os datos que amosan como países como Bélxica, de tamaño similar a Galicia, ten unha tupida rede de transporte ferroviario de proximidades que cubre todo o país, mentres aquí contamos con uns poucos quilómetros de liñas antigas e que están a piques de desaparecer por conta do AVE.


Datos como que Galicia ten o mais do dobro,e proximamente catro veces mais, quilómetros de vías de alta capacidade que a media europea e menos da metade de vías de tren, o triplo de vías de alta capacidade por 1.000 habitantes que Cataluña, e en breve SETE veces mais, etc.


Todo para entregarlle os nosos cartos e favorecer os intereses das grandes constructoras, da industria do automóbil, das petroleiras e dos grandes empresarios que mandan no País e nos políticos que os representan.


Políticos que antes venderon, a prezo de saldo, as mellores e mais rendibles empresas do noso País a grandes empresarios, coa promesa que a competencia ía redundar en baixadas de prezos e melloras dos servicios e que nos levou a que eses empresarios, agora donos dos servicios básicos do País, se puxeran de acordo para nos arrincar os últimos centavos dos nosos petos con servicios caros e malos.


Agora pelexan para quedar ben, acúsanse entre eles para facer teatro, aínda que saben que ámbolos dous son responsables de que, hoxe en día, calquera poida comprar na Bolsa de Valores as accións de calquera empresa que nelas cotice. Neoliberalismo lle chaman. Eles o crearon, impuxeron e promoveron. Agora actúan de fariseos.


Empresas que teñen grandes lucros gracias ós acordos que entre elas fan, como o caso dos combustibles, que sempre soben e nunca baixan independentemente do prezo do petróleo (como está acontecendo hoxe en día e tolerado polo goberno de turno) pero que ós traballadores e ós usuarios nos tratan como se foramos seus vasalos.


Agora atoparon a maneira mais fácil e rápida de entregar ó donos do mundo os cartos que precisamos para cousas mais necesarias. E esa maneira non e outra que facer vías de alta capacidade e ínfima calidade, a prezos astronómicos, que entre as mesmas empresas acordan e se distribúen, entre si e por turnos, porque non teñen competencia e son catro grandes empresarios que contan cos medios para levar a cabo esas obras e polas que pagamos moito mais do que valen.


Obras que acaban repercutindo en un enorme prexuízo para o noso País, pero que os comisionados desas empresas, os que defenden os seus intereses , os mesmo que lles entregan os nosos cartos e que  se supón que nos representan por falta de alternativas, nos venden as diario como se foran do noso interese.