Skip to main content

Hoxe voltamos á canceira

14-12-2008 - Informes aínda sen confirmar parecen indicar que, con motivo da nosa denuncia do día 7, foi programada unha limpeza e adecentamento da canceira, para nela facer unha rolda de prensa, con vistas a desmentir a nosa información. Con tal motivo, o can da foto, que estaba logo na entrada, sen tratamento, atado pero sen risco de morte, parece ser que lle foi aplicada unha injección de "eutanásico" co fin de que os xornalistas non o viran. Esta injección mortal é manipulada libremente por persoal da canceira e sin supervisión veterinaria.

12-12-2008 - (artigo orixinal) - Hoxe visitamos de novo a canceira. Por fin puidemos ver tres traballadores limpando e repartindo comida, así como xente desbrozando. Esto é bo para os animais, solo lamentamos que esta dilixencia solo ocorra cando hai denuncias públicas e botamos de menos que non haxa eses coidados a diario.

Infelizmente os cans seguen durmindo encima do piso mollado e cumprían uns palets ou táboas onde puideran descansar xa que, como consecuencia da humidade, vimos moitos cans coas faltas de pelo en determinadas partes do corpo que indican que teñen tiña.

O can que estaba coa pata ferida seica “morreu”. As informacións que temos indican que non estaba sendo tratado por un veterinario, así que non sabemos si morreu de complicacións ou se foi sacrificado xa que parecía recuperable.

Nas fundacións, como se pretende facer aquí e xa existe en Santiago,  non solo se leva unha ficha de cada animal e do seu controle sanitario, como tamén o responsable é xente fixa e dedicada solo á canceira, o que facilita o controle e a relación coidador animal. Cousa que nesta canceira e debido á provisionalidade dos traballadores non existe.

Tamén parece ser que se adoptaron 12 cans ó longo da semana. Iso representa un total aproximado de 600 Euros que sería interesante que se inverteran, por exemplo, en pienso, que non hai. Falta saber si se leva a contabilidade desas taxas que se cobran a quen adopta algún animal, ou non. É certo que parte deses cartos van, teoricamente, para colocar o chip no animal que sae da canceira, pero o resto queda a favor da instalación. Sería útil saber si se controlan debidamente e se rexistran esas cantidades extra de recursos que entran.

Polo demais o resto continua igual. Non hai electricidade, cans en gaiolas sin sol, falta de alimento seco para fins de semana e días que non hai carcasas de polos, falta de planexamento e controle de animais,falta de comedeiros, falta de atendemento veterinario, frío e encharcamento dos caniles, falta de medios para traballar, ausencia de unha política de adopcións, e sobre todo algo que é básico para o ben estar dos animais: Programación de voluntarios que atendan e paseen os cans.Sobre todo no inverno, cando deben tomar algo de sol e dar tempo a que sequen as gaiolas.

Compre tomar en serio esta instalación e que poida estar aberta a todos sin nada que tapar. Pero para eso, primeiro hai que organizála coa vista posta en outras instalacións, ben feitas e organizadas, que xa funcionan hai anos e que nunca se tomaron como exemplo.

A ver si neses "recursos"  que agora van recibir os concellos e moitos xa están pensando  gastálos en "adornos", alguén se lembra de que os animais tamén sofren. Porque aquí, inversións, melloras, arranxos ou aplicación das subvencións que hai, no se ve por ningún lado.