Skip to main content

Outro morto por disparo de rifle. E van...

Posted in

14-12-08 - Seguen os “accidentes” debidos á utilización de armas perigosas nas batidas de caza maior.
Dicimos ben, o motivo dos accidentes é a utilización desas armas dentro dunha normativa pensada para escopetas, non por causa de imprudencias.
Na noticia destes días falase de que o cazador estaba cruzando unha estrada. Podería ser calquera que pasara por alí, un conductor, un paseante como xa aconteceu, ou unha familia con nenos.
Os rifles de canon raiado teñen moito alcance e unha bala disparada por esas armas chega a mais de 2 quilómetros o que significa que vai atravesas moitas zonas de seguridade, ou sexa, camiños, estradas e vilas. Sobre todo aquí en Galicia onde temos a poboación altamente dispersa.
Non é por falta de avisar, pero as autoridades “responsables” do asunto seguen a facer oídos xordos ó problema para non prexudicar o negocio da caza e da venta de armas. Os negocios son os negocios “con la iglesia hemos topado...”