Skip to main content

Os cans da Medela morren co frío.

24-12-2008 - Nota de prensa.

23-12-2008 - Xá temos advertido que na canceira non hai ninguén que estea o seu cargo no sentido de dirixir, xestionar, programar melloras e organizar o seu funcionamento para rematar coa situación de abandono e carencias con que veu funcionando ata o de agora.
Este é un artigo puramente técnico, do que esperamos que alguén teña a sensibilidade necesaria para sacar ideas do que compre alí.


A primeira medida é que non se deben mollar as gaiolas nesta época, porque xera xeo e humidade para os animais. Para limpar, basta con retirar os excrementos a primeira hora da mañá, cando aínda están conxelados. Compren ferramentas para raspar estes residuos.
Cando chove pódese lavar, pero solo na parte que está ó aire libre.


Tamén compre colocar canalons no tellado que da para dentro das gaiolas. Desa maneira evítase que a auga, que cae do desxeo, molle o piso e que despois os cans mollen a  zona de durmir, porque pisan na auga e acaban encharcando tamén a parte cuberta.


Hai dúas gaiolas grandes onde os animais dormen practicamente á intemperie e no piso mollado. Precisan con urxencia un lugar de madeira e protexido para poder durmir. Compre tamén reformar esas gaiolas de maneira que os cans estean mais protexidos pola noite e incluso dividilas en gaiolas mais pequenas.


As gaiolas mais pequenas compre cerralas algo mais, con unha porta provista de trampilla, para que os cans estean mais recollidos.


Hai que colocar lugares de madeira para que os animais se deiten, valen palets con táboas pechando as separacións das que xa teñen. Aínda que os mollen sempre estarán mais quentes que no cemento. Os cans, no inverno, fan buratos na terra para se resgardar  do frío.


Tamén hai once gaiolas que non teñen patio e os animais nunca toman o sol, viven en total escuridade.

Compre facerlles un patio e, mentres non se fai, hai que sacalos a diario para que tomen o sol. O mellor é telos presos á porta da gaiola, con auga o seu alcance, mentres se fan outras tarefas na instalación e á tarde metelos de novo dentro.

 

Hasta o mes de abril a canceira era atendida por dúas persoas, sen auga corrente nin medios, así que tiñan que encher os bebedeiros con caldeiros. Tampouco era fácil levar a comida porque o recinto estaba sen urbanizar. Na actualidade e coa instalación de auga e a posibilidade de entrar coa furgoneta para levar a comida,  o traballo básico é mais doado, de maneira que consideramos que se debería dirixir con eficacia ós traballadores para ir facendo esas melloras imprescindibles para que pasen o inverno.

AdjuntoTamaño
Morren de frio.doc58 KB