Skip to main content

Autovías asesinas.

Posted in

30-12-2008 - Autovías barateiras que pagamos caras e valen pouco. Feitas de maneira que as empresas teñan o máximo de beneficio posible, aínda que as mortes continúen. Mortes de animais por ausencia de pasos de fauna e mortes de persoas a causa da cobiza dos donos do sistema e a submisión dos políticos que as representan.


O caso do rapaz que morre na “nova” autovía do Barbanza é significativo. Unha autovía mais sen túneles nin viaductos – que diminuirían o impacto ecolóxico e paisaxístico, así como a formación de placas de xeo - e con grandes trincheiras onde nunca chega o sol de inverno. Resultado: Accidentes. Algún día serán chamados polo nome do que realmente son e non vai ser precisamente “accidente”.


Hai quen foi protagonista directo de un destes casos e, igual que acontece no caso da autovía do Barbanza, pretenderon inculpar á  víctima. “Velocidade inadecuada” foi o “laudo técnico” da Guarda Civil de tráfico. Laudo que o xuíz encargado do caso rexeitou de plano, por impreciso e falto de obxectividade.


Os datos amosan que mais do 30% dos accidentes de tráfico son atribuídos, pola G. Civil, a “velocidade inadecuada” o que significa segundo eles que, aínda que o conductor estivera respectando os limites legais, sempre será culpable porque “debería axustar a velocidade ás condicións da vía” .

Que esa vía tivera gasóleo, xeo, etc. e estivera sen as medidas oportunas de aviso ou prevención segue sendo “culpa” do conductor. Para non levar traballo en investigar ou para non desenmascarar ó verdadeiro culpable, normalmente o constructor ou a administración, bótanlle a culpa ó morto. Non é que ese 30% sexa culpable, o dato solo significa que, nos “informes” da G. Civil, esa é a causa que eles indican. Conforme algunha vez se consigue probar, tal dato non ten fundamento algún.


Repetimos o que sempre dixemos, non solo nos, calquera que non estea condicionado por intereses económicos e sexa obxectivo. A solución é o transporte público, preferentemente por tren, así o fan e así lles vai ós países mais progresistas de Europa onde neva a maior parte do ano e o medio principal de transporte, diario e para o traballo, é o tren. Evítanse a mortes e o caos que hai en España cada vez que caen catro copos de neve.


Aquí seguimos vendo como os nosos cartos van parar as mans dos empresarios na construcción do AVE e de irracionais autovías a todo canto é lugar. Para esas obras non existe a crise. Mentres, desmantélanse os ferrocarrís tradicionais e esquecen totalmente o transporte de proximidade. Todo o contrario do que se debería facer para utilidade, seguridade e interese dos cidadáns.


Os vascos teñen claro o que se podería facer con todos eses cartos, pero os galegos seguimos sendo enganados polos “lengoretas” que defenden os intereses dos ricos. Son os “fusibles” do sistema, cando nos cansamos de uns, poñen ós outros, que van facer o mesmo que os que quitamos, ou que xa o están facendo noutro lugar onde gobernan. Así andamos de un para o outro e sempre na mesma. Como se foran cambiar.