joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Xestión independente para o Refuxio da Medela | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Xestión independente para o Refuxio da Medela

31-12-2008 - Matar por matar, NON, respalda a opinión maioritaria de que a figura da fundación é o mellor sistema de xestión  para o refuxio de animais da Medela.
Esa é a experiencia en tódolos refuxios, non solo de cans, que funcionan adecuadamente. As razóns son moitas e o que non pode ser é que o concello delegue esa tarefa e despois non exerza a mínima fiscalización, como viña acontecendo.
Un refuxio de animais debe ser xestionada de maneira transparente no económico, especializada, autónoma e tendo como fin principal o retorno dos animais a unha familia de adopción garantíndolles, mentres estean internados, unha estancia digna.


O sistema de fundación garante a transparencia por medio da supervisión periódica do seu estado e das inversións efectuadas na instalación. O feito de que estea supeditada a un padroado, formado polos alcaldes e membros dos grupos políticos, parece aval suficiente para esa garantía.


Por outro lado a existencia de un director, debidamente elixido e con vocación para ese tipo de traballo, facilita a contratación de traballadores tamén adecuados a función, así como a xestión de recursos, melloras, controle dos animais, funcionamento diario da instalación e, sobre todo, que os animais sexan adoptados o antes posible. Non pode ser un almacén de seres vivos esquecido nun monte recóndito.


Os grupos ecoloxistas, ou persoas que o desexen, sempre poderán colaborar, igual que se fai noutros lugares, no coidado, paseo, ou exposición dos animais, para o seu ben estar e na procura de adoptantes.


Non se pode seguir atendendo os animais por medio de persoas contratadas para outros servicios. Traballadores que non están cualificados para esa tarefa e que incluso, en algúns casos, teñen medo ou fobia ós cans, moito menos para “colocar” compromisos.


Na actualidade, a canceira, está sendo atendida por persoal e con medios do concello. Así que, o tempo que leve organizar o futuro da súa xestión, en nada pon en perigo ou cambia a situación actual dos animais.


Agardamos que o grupo de goberno se sume tamén á opinión da maioría, e ao que a experiencia ten demostrado e acabemos tendo un refuxio digno de un pobo civilizado.

As actuacións que deberá levar a cabo de inmediato o director, despois de seleccionar os traballadores adecuados e de acordo cos fondos que se lle asignen, son:


Acometer a legalización da instalación, obras necesarias de mellora, a instalación de tratamento e depuración de augas, vestiarios para os traballadores, baños, almacén, oficina, sala de curas, inventario e fichas dos animais, supervisión veterinaria,  programar as persoas ou asociacións que desexen axudar e, fundamentalmente, programar a saída e exposición de cans na Vila para adoptar. Entre outras.


Tamén hai que mellorar a alimentación dos animais, en calidade e en cantidade, que coman tódolos días e que teñan pienso para dieta básica en lugar de comer carcasas crúas de galiña en días alternos.


Hai que rematar coa penuria económica desa instalación, que conte con financiamento adecuado e estable,  que non siga sobrevivindo de esmolas como o de hasta agora. Compromiso dos concellos que se inscriban, previsión de gasto nos presupostos anuais deses concellos e pago puntual das cantidades comprometidas.


Como se pode ver, é moito o traballo necesario para que a instalación funcione adecuadamente, pero é este o sistema que hai nos lugares que xa teñen experiencia e funcionan ben. Así que, a presencia diaria dese responsable, coidando dela e resolvendo as incidencias diarias, é fundamental e non se pode pretender que marche ben sen unha dedicación a tempo total.


Manter, como agora, a un par de traballadores no local, coidando dos servicios mínimos- sen supervisión e sen potestade nin preparación para facer arranxos e melloras- solo leva a que o número de animais aumente e a súa vida, nunha instalación totalmente precaria, sexa cada vez peor.


Confiamos, como dixemos, en que se aparquen intereses individuais ou políticos e que, por unha vez, prime o ben estar dos animais e unha instalación digna da nosa Vila.


Tódolos que nos preocupamos polos animais, que somos moitos na Comarca, confiamos en poder esquecer este problema definitivamente e poder visitar unha instalación adecuada, ben xestionada, e digna, para sacar a pasear algún dos animais internados, apadriñar outros ou levar a alguén que pretenda adoptar a algún deles.