joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate O Concello do Carballiño xa leva a canceira | matarpormatarnon.org
Skip to main content

O Concello do Carballiño xa leva a canceira

04-01-2008 - Sobre as últimas noticias, da canceira, aparecidas en "La Voz de Galicia" e en "La Región" .
Como xa anticipamos a canceira estaba sendo atendida por traballadores do Concello, así que nada mudou.
A famosa furgoneta, cando funcionaba, quen a utilizaba para “facer os traslados de comida” tamén eran eses mesmos traballadores.  Nada mudou tampouco. Se a levaron, pouco muda porque usaban as do concello cando a da canceira estaba “de baixa”.
Lonxe de sentir nostalxia por aqueles tempos o que se debería investigar é por qué, coas subvencións que houbo estes anos, non quedou nin unha furgoneta vella e destartalada que non vale nin 3000 euros.
Dicir que non hai fondos para comida, é case unha crueldade, porque hai días viñeron 2 millóns de euros e xa pediamos que se dedicara algo para mellorar a canceira e unha das primeiras cousas que se debería facer é comprar pienso e darllo tódolos días.
Hai que ser demócratas e aceptar as decisións da maioría. Non coller unha rabieta, boicotealas, e que as paguen os cans.
Unha fundación que “administre” a canceira non representa “descapitalización de propiedades que son do Concello”, xa que as propiedades seguen sendo do concello, a única diferencia con calquera outro tipo de administración é que a xestión administrativa, material e de recursos é mais transparente.
Da a impresión, e esperemos que solo sexa eso unha impresión, de que, ou non se sabe facer as cousas ou acabase caendo nos brazos de xente pouco indicada. Si así fora, recomendamos que se pida asesoramento a quen sabe, ou a quen o pode facer desinteresadamente. Hai moita, que incluso aporta do seu peto, como xa quedou demostrado.