joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate "Deporte" de alto risco | matarpormatarnon.org
Skip to main content

"Deporte" de alto risco

Posted in

07-01-2009 - Hasta o último día de caza ( ¿) - agora veñen os campionatos de raposo-  seguen saíndo noticias nos xornais sobre víctimas de disparos do cazadores. (La Región , La Voz de Galicia).

Galicia é unha comunidade moi perigosa para andar dando tiros no monte. Os pobos e as vilas están moi espallados e son moitos. Hai moitos camiños por onde circulan persoas, hai moita vexetación que impide ver cara a onde se dispara, hai moitas pistas “asfaltadas” polo medio do monte, hai moitas mais sen asfaltar...


Están a se utilizar armas moi perigosas e con moito alcance que, en Galicia, debido ás características citadas, multiplican o perigo, pero semella que é mais importante o comercio desas armas que a seguridade de todos nós.


Xa houbo e haberá mortos que o foron intencionadamente, pero na maior parte das veces trátase de un accidente no que, o autor do disparo, tamén resulta víctima do acontecido e atopase coa traxedia de ser o responsable da morte de unha persoa, un  amigo ou un veciño.


Parece claro que non se están respectando as normas de seguridade contempladas na lei de caza, que non hai unha esixencia para os cazadores, dos coñecementos mínimos de seguridade  e da normativa en vigor.


Parece claro que tódalas promesas e campañas das autoridades, cada vez que acontece unha traxedia, solo son para saír do paso.


Os propios axentes quéixanse de falta de medios materiais e humanos para poder vixiar. Semella que, neste caso, mírase mais por non prexudicar o negocio da caza que pola seguridade, tanto de cazadores, como os demais cidadáns que queren andar polo monte sen riscos.


Fora da propaganda que a Consellería de Medio Ambiente, de cando en vez, publica nos medios, non se aprecian medidas para controlar o monte cando nel abundan os tiros.


Semella que non se pode “molestar” o colectivo da caza, non se ve vixilancia, non se investigan as denuncias de irregularidades que están rematando coa fauna, non se verifica que os cans teñan chip co que se facilita o seu abandono, non se fan probas de alcoholemia, non se vixían as zonas de seguridade nin o refuxios de fauna...


En definitiva, non se ve un mínimo controle de unha actividade que calquera pode practicar, porque, entre outras cousas, ter unha licencia de armas é unha das cousas mais doadas que hai porque, tanto exame médico como o exame de cazador, mais parece un “paripé” que unha selección seria de aptos ou non aptos.


E se lles dis algo “bótanse” a ti.

Estamos fartos de denunciar e de pedir medidas.

http://www.matarpormatarnon.org/node/653

(Das denuncias)

http://www.matarpormatarnon.org/node/490

(Probas dos extermínio)

http://www.matarpormatarnon.org/taxonomy/term/22

(Tag caza)