joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Cans de caza abandonados | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Cans de caza abandonados

Posted in

21-02-2009 - Aparece multitude de cans abandonados, cando acaba a caza, e a Federación de caza de Lugo préstase a recollelos “sempre que se demostre que son de cazadores”. Este é o resumo das noticias aparecidas estes días. (La Región, El Pais, e outros…).


Señores da Federación de caza de Lugo, non é de agora que, tódolos anos, cando remata a tempada de caza, moitos cans son abandonados a súa sorte por parte de certos individuos que teñen menos sensibilidade, lealdade e sentimentos que os cans que abandonan.


É certo que no comezo do verán aparecen tamén moitos cans abandonados polo mesmo tipo de xente que ten sentimentos semellantes aos anteriores e que son incluso capaces de abandonar a un familiar que lles estorba. Esto é o que hai na especie humana, a mais cruel de todas as especies.


No entanto, non podemos obviar o feito de que, os cans que aparecen abandonados, ou mortos por disparos, en xaneiro e febreiro, non pertencen á segunda especie de desalmados e si, na maioría dos casos, a eses deportistas que se divirten matando seres indefensos.


Sinto informalo tamén de que, moitos dos que vivimos no rural e andamos a diario con cans, incluso na tempada de caza, nunca tivemos o pracer de que alguén nos verificara se os cans teñen ou non o “chip”.


Ou sexa, o que de verdade acontece é que practicamente non existe vixilancia algunha no asunto da obrigatoriedade de instalar chip nos cans. Por non haber tampouco hai controles de alcoholemia, vixilancia para que non se cace en zonas de seguridade, verificación dos datos dos POC, etc.


Así sendo, penso que seriamos mais sinceros se dixéramos todos que, o abandono de cans, é un delito previsto na lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, que se debería establecer mais vixilancia nos asuntos que lle citei, e que quen abandona un can é un delincuente, debería ser perseguido, identificado e punido de acordo con a lei.


Pedir mais controle nos asunto da caza e , de ser posible, prohibir de unha vez por todas ese anacronismo que non ten sentido perante a escaseza de animais silvestres e a extinción á que están sendo levados con tanta caza, destrucción do territorio, parcelamento do hábitat, utilización de agrotóxicos, autovías sen pasos de fauna, AVE, campionatos de raposo e de especies en perigo como é a arcea, etc.


Dicir que serán recollidos “si se demostra que son de cazadores” parece un brindes ao sol.