joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate As "contas" da canceira | matarpormatarnon.org
Skip to main content

As "contas" da canceira

27-02-2009 – Despois das que cualificamos de sorprendentes, “explicacións”,  prestadas pola concellala de facenda, sobre os “misteriosos” 100.000 euros das obras da canceira, atopámonos onte nos xornais coa, un pouco mais “elaborada”, prestación de contas das inversións realizadas. Evidentemente que non faltan os comentarios dos ben informados e “imparciais” lectores  de algún medio.


Pois ben, a falta de un análises pormenorizado das devanditas, saltan á vista unhas cantas cavilacións que, como cidadáns pagadores de impostos e como partícipes no debate, ao igual que a calquera ben informado veciño, non se nos poderían pasar por alto. Por exemplo:


A primeira, evidentemente, é que, a nosa inquedanza polo paradoiro deses fondos, estaba tanto mais xustificada, cuanto o proba o feito de que, por fin, se aveñan a prestar algún tipo de explicación.


A segunda, provén do feito de que, a pesar de que esas explicacións foron solicitadas, a lo menos en dúas ocasións, en plenos oficiais do Concello, a mesma aparece agora, como nota de prensa, nos xornais. Semella que haberá que utilizar ese medio para acadar extra oficialmente, o que se debería levar a cabo, oficialmente, nas institucións.


Foron pedidas no pleno do día 29/04/2008 por 1ª vez, ¿ por qué no se lle respondeu, ó concelleiro que as pediu, que estaban arriba gardadas?. Porque claro, logo alguén pode pensar que daquela non estaban e agora foron amañadas para poder presentalas.


Tamén se pediron no pleno do 23/10/2008, cando se lle retirou a canceira a Outeiro. Outra boa oportunidade para presentalas.


Terceiro, habería que saber as razóns polas cales os primeiros 150.000 euros foron licitados e publicados no DOG, para un proxecto determinado, e os outros 100.000 non. Si se pode facer desa maneira, poderían ter aforrado o traballo de facer as cousas de acordo coa normativa de concursos públicos ca primeira cantidade.


Ademais, si se pode contratar unha obra por 150.000 euros e despois aumentar os costos da mesma en outros 100.000 e que aínda por riba estea sen terminar, conforme teñen declarado en moitas ocasións, ninguén vai entender nada.


Porque aquí déronse algunhas explicacións, nos medios, coas que un se bota  temblar. Exemplo:
_Que se dividira en parcelas para adxudicalos directamente e esas parcelas foron "individuais, grandes áreas e enfermos".

Soa moi ben pero significa: Gaiolas mais pequenas, mais grandes e gaiolas sen patio onde tomar o sol.


Así que palabras grandilocuentes non faltan. Semella que á a obra do Escorial e, no entanto, son 30 e poucas casetas para cans, con piso de cemento para que durman e distribuidas de maneira mais propia dunha fábrica de foguetes que dunha canceira.


E se esas obras se fixeron cos famosos 100.000 euros, ¿que é o que se tiña feito logo cos anteriores 150.000?. Porque eso é o que hai na canciera: gaiolas pequenas, grandes e algunhas sin patio. Non se fixeron baños, nin clinica, nin vestiários, nin almacén,nin auga, nin luz, nin comedeiros, nin bebedeiros,....

Así que finalmente o que é importante e o que interesa e haberá de verificar, son os resultado das inversións e o por qué desas carencias. Ou sexa, en que se gastaron esas cantidades, por qué se adxudicaron desa maneira, cales as razóns de que non se instalaran servicios básicos e esenciais, etc.  asi como quen firmou a finalización de unha obra que eles mesmos din que non está rematada e carece deses servicios.


Porque os números son fáciles de cadrar, o malo é cando eses números topeñan cos resultados acadados.


O curioso de todo e que, despois do tempo que se leva pedindo as contas, das dificultades para que deran a mínima explicación cando segundo eles esta todo tan claro, e despois destas “bizarras” explicacións, aínda veñen tratado ós demais de pouco menos que retardados e ineptos.