Skip to main content

Canceiras en Santiago e canceiras no Carballiño...

01-03-2009 - Estivemos facendo unha comparativa entre a canceira de Santiago e a do Carballiño.
Comparando a superficie construída de ámbolos dous complexos, atopámonos con que o “Refuxio do Bando” ten aproximadamente 4.500 m2. de superficie e invertéronse 395.000 euros, mentres o da Medela ten uns 2.400 m2. e gastáronse 250.000 euros. Facendo unha simples división resulta que o metro cadrado da Medela saíu en 104 euros o metro cadrado e o de “O Bando” en 87 euros o metro cadrado.
Ou sexa, o prezo por metro cadrado na Medela saíu un 20% mais caro que o de Santiago.
Loxicamente hai que ver si, esta diferencia, está xustificada por unhas instalacións  que amosen a razón da mesma. É haina, pero a favor do refuxio de Santiago, como se pode ver nas fotos que xa publicamos con anterioridade, e noutros asuntos que relacionaremos a continuación:
O refuxio de Santiago é unha verdadeira institución ,como se pode ver na súa páxina web (que tamén a teñen) e que, quen o desexe, pode comprobar no lugar mediante una visita (é público).


No Refuxio do Bando hai oficinas, os animais aliméntanse de penso a diario, hai cociña equipada, consulta de veterinario asistida por dous veterinarios, quirófano equipado con aparellos e menciñas, impecables gaiolas para estadía dos enfermos, cuartos de baño, almacéns, vestiarios para os traballadores, salas de reunións, recepción, tódalas salas e consultas equipadas con mobles, ordenadores, mesas, cadeiras, etc., hai  controle de animais, tanto de entradas e saídas como dos tratamentos que teñen e dos paseos que se lles da, aulas e cursos sobre animais, programas de voluntariado e campañas para adopción, apadriñamento e coidados dos animais recollidos, comedeiros e bebedeiros para os cans, corredores cubertos para atender as gaiolas, materiais de limpeza, correas para pasear os cans,... e todo con un excelente acabamento e unha hixiene exemplar.


Alí van numerosos voluntarios para botar unha man e atender ós animais gratis e non hai que procuralos con “lupa”, porque hai xente á que lles gusta o trato cos animais.


Fanse oposicións para contratar traballadores aos que, non so lles gusta traballar con animais, senón que o fan encantados porque, aínda pro enriba, lles pagan por ese pracer Así que é preciso facer oposición para traballar alí...


Hai un organigrama para dirixir, organizar, administrar e programar toda a actividade na instalación. Traballan mais de 10 persoas no lugar e o coidado da instalación vai dende o amañecer ata o ocaso, tódolos días da semana.


Claro que, ese modelo, no Carballiño “non é aplicable”...


Pola contra, a canceira da Medela, ademais de carecer de calquera dos servicios que relacionamos antes, é un almacén de cans, onde ninguén quer ir traballar, porque non hai medios, nin hixiene, nin comodidades, nin á xente que mandan alí lles importan un pito os animais.
É unha instalación mal feita e deprimente onde, como moito, obrigan a alguén a que suba a varrer un pouco e botarlle comida ós cans, carcasas de polo crúas que regala unha empresa, no piso. Evidentemente, encanto poden, foxen do lugar e van o menos que poden.


Un verdadeiro motivo de  vergonza para calquera, institución ou particular, que tuvo ou teña algunha responsabilidade co lugar e co deprimente espectáculo da vida miserable que lles dan aos indefensos cans, que alí conseguen non morrer.


O mundo e a vida moitas veces son xusticeiros e, na maioría das veces, acaba devolvendo a cada un o mesmo que lles da aos demais.
Que así sexa.