Skip to main content

Eleccións en Galicia e Medio Ambiente ( Conclusión...)

Posted in

02-03-2009 - Perderon porque ao igual que fixo en seu día Felipe González, esta “esquerda”, cando gaña, esquece logo aos seus votantes e vaille meter a lingua no cu á dereita (con perdón), para ver si os “engatusa”.

Craso error, os votantes do PP, por interese ou ignorancia, son fieis ao seu partido, e non se deixan engatusar por estes “esquerdistas” con ideas conservadoras e servís cos poderosos.


Pola contra, o votante de esquerda, normalmente mais culto e mais crítico, non consente que o desairen e que os lideres aos que votou, esperando un cambio de rumbo, fagan políticas continuistas e conservadoras.


Así que, no final das contas, o resultado foi debido a que estes perdedores, en tódolos sentidos, non conseguiron acadar os votos que pretendían da dereita,e, pola contra, acabaron perdendo os votos da esquerda.


Sabemos que todos teñen a obriga de servir aos intereses de quen está por enriba deles, pero eso, que por parte da dereita e a súa vía natural, tornase, no caso das “esquerdas”, antinatural e unha traizón para quen esperaba ese cambio de rumbo.


Perderon porque, para facer política conservadora, xa temos o PP.
Que lles aproveite a ambos.

 

Artigo de Suso de Toro en "El País" (ven a dicir o mesmo):

http://www.elpais.com/articulo/espana/Victoria/inmerecida/derrota/merecida/elpepiesp/20090302elpepinac_22/Tes