Skip to main content

Como manipular un escándalo (ou o dura que é a vida real)

11-03-2009 - Noticias aparecidas na prensa. Ao final do artigo.

04-03-2009 - Todos sabemos as mañas dos políticos para deixar como mentireiros e delincuentes a quen lles descobre as trapalladas. Tamén o lonxe que está, a realidade da vida, daquelo que nos contan cando se fala de xustiza e sinceridade. Temos unha boa mostra... pasen e vexan.


(as fotos amosan as gaiolas dos cachorros en novembro e no dia que se fixo a denuncia)

Primeiro vexan a noticia que saiu na TVG:

http://www.agalega.info/videos/?emi=6282&corte=2009-03-04&hora=14:06:06&canle=tvg1

Neste vídeo da noticia que apareceu na TVG, pedimos que observen un par de detalles que, a quen non estivo na canceira, pode ser que lle pasen desapercibidos:


1.- Cando remata de falar o “encargado” di: “...nós o único que fixemos, a través de un veterinario que nos asesora, foi seleccionar os cans...” e aí interrompen a entrevista. A pregunta é a seguinte ¿qué viña a continuación? Tal vez “...seleccionar os cans e sacrificar os que seleccionamos"? ¿por qué cortaron a frase?. Nunca antes se sacrificaron cans, na Medela, intencionalmente. ¿Cantos foron “seleccionados? ¿por qué hai cachorros no foxo? ¿Quén é ese veterinario que os “asesora”? porque nós preguntamos a todos e ningún, de Carballiño, nos dixo que fora ele, como tampouco que estiveran atendendo a canceira.


2.- “…Negan que eles empreguen as foxas para desfacerse dos cadáveres…” ¿é unha ilusión óptica as foxas que nos vimos, fotografamos e filmamos? O Seprona e o propio tenente da Garda Civil do Carballiño subiron con material para gravar, supoñemos que tomarían imaxes dos cans mortos e enterrados a ceo aberto.


3.- “...A cámara que funciona perfectamente...” o día anterior seica non funcionaba e nas imaxes pódese ver que está baleira.


4.- “...Todo mundo poder vir aquí e mirar os que hai e os que non hai...” pero a Concelleira seica denunciou aos ecoloxistas que entraron nun recinto público, que tiña as portas abertas, non había sinal algún de que se prohibise a entrada e aínda por encima case nos mallan, cando nos viron dentro, a pesar de que iamos concienciados para actuar pacificamente ante calquera circunstancia (algún golpe houbo, pero por parte deles e temos probas que desexamos non ter que presentar, polo ben de quen os propinou, sobre todo porque foi contra mulleres que non os provocaron). Non puidemos pasar da entrada. Así e todo, co que se viu nesa entrada, xa bastou para ver as gaiolas baleiras e facer un par de fotos. Por certo, os foxos de enterramento están do lado de fora.

5.- ¿Por qué a TVG non emitiu imaxes propias do foxo dos cans? ¿por qué non amosou con detalle o interior da cámara?


Tamén escoitamos o que se di na TV local do Carballiño, seica os cans que morren “son colocados en sacos e recollidos por unha empresa” repetimos o da cámara baleira, que sae nas imaxes da Galega.


Que “...o foxo hai meses que non se utiliza...” o cans que hai nel é evidente que morreran eses mesmos días e na canceira aínda había algún can morto dentro da gaiola.


Finalmente escoitamos algo bastante “chocante”, porque di respecto á fe que temos nas forzas de seguridade do Estado. Fálase de que o Seprona non viu indicios de irregularidades.


Non vimos o que di o informe do Seprona, e ignoramos como tivo acceso a concelleira a ese informe que cita e insinúa coñecer. Tamén nos gustaría ter acceso a ele, no caso de que tal acceso sexa para todos e sexa legal amosalo, pero, a nosa fe no Seprona, lévanos a pensar que as imaxes do foxo de cans mortos recentemente, sen conxelar, e sen sacos de plástico, deben constar nese informe.

Polo que sabemos, a falta de control veterinario nunha instalación dese tipo, e o sacrificio de animais sen o devandito control, son infraccións previstas na lei de protección animal.Tamén nos consta que enterrar animais é unha irregularidade que a lei castiga e calquera gandeiro ao que lle morre unha ovella ou unha vaca, ten que pagar para que lla recollan ou levar unha multa se o enterra.


Así que agardaremos a ver o tipo de irregularidades que o Seprona relaciona no seu informe e despois saberemos si son graves ou “sen importancia e de tipo administrativo...” como di a señora concelleira de Medio Ambiente do Concello Carballiño, Dona María José Pérez, esposa do Conselleiro (en funcións) de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Don Manuel Vázquez, postulante ó cargo de secretario xeral do PSdeG e, nese caso, futuro candidato a presidir a Xunta de Galicia e de quen sempre esperamos moito no que di respecto o trato cos animais.


Desexamos que, de todo o que agardamos, unha vez que sexa coñecido, saiamos reafirmados na nosa fe nas institucións, na imparcialidade das mesmas e na súa impermeabilidade aos “tejemanejes” do poder político.
Amén.

Mais novas na prensa:

Día 13/03/2009:

http://www.20minutos.es/noticia/456402/0/fosas/perrera/podrida/

 

Dia 11/03/2009:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/11/0003_7582497.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/11/0003_7582498.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/11/0003_7582500.htm

http://www.laregion.es/noticia/84406/Carballi%C3%B1o/MedioAmbiente/perrera/

 

Día 10/03/2009:

http://www.laregion.es/noticia/84283/PP/pleno/perrera/

http://www.galiciae.com/nova/26518.html

 

Día 09/03/2009:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/07/0003_7574568.htm

 

Día 08/03/2009:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/08/0003_7576016.htm

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/07/0003_7574568.htm

 

Día 06/03/2009:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/06/0003_7572344.htm

La Voz de Galicia

http://www.noticiasgalicia.com/ourense/ju2.html

Noticias Galicia

http://www.laregion.es/noticia/83923/Carballi%C3%B1o/Perrera/pol%C3%A9mica/AMedela/

La Región

 

Día 05/03/2009:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/05/0003_7569904.htm

La Voz de Galicia 

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/05/0003_7569905.htm

La Voz de Galicia

http://www.laregion.es/noticia/83784/Ourense/Carballi%C3%B1o/perrera/perros/denuncia/Seprona/

La Región

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=402357

Galicia Hoxe

 

Día 04/03/2009:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/04/0003_7567480.htm
La Voz de Galicia

http://www.laregion.es/noticia/83687/perrera/ecologistas/concello/carballi%C3%B1o/acusaciones/
La Región

http://www.vieiros.com/nova/72529/morto-o-can-acabouse-a-rabia
Vieiros

http://www.galiciae.com/nova/26349.html?lang=gl
Galiciae