joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate As dimensions da infamia | matarpormatarnon.org
Skip to main content

As dimensions da infamia

14-03-2009 - O venres estivemos de novo na canceira para comprobar, con mais detalle, as dimensións da traxedia. A impresión que sacamos foi a de que, de non termos subido aquele día, houberan desaparecido tódolos animais da instalación.
Por certo que, pese a todas as declaracións de transparencia, aínda houbo presións para intentar que non se permitira a entrada a pesar de fomos acompañados de un concelleiro, quen nos pedira que o acompañaramos na visita.
Durante o percorrido pola canceira, quedou claro, a lo menos para nos, que non se tratou en absoluto de casos fortuítos de mortes accidentais nin de que, aínda que sexa un acto frío e cruel, se houbera optado por eliminar algúns animais para obter unha menor masificación. Temos a convicción de que foi un acto perfectamente planeado, coa intención de rematar co maior número posible de animais, ou incluso suprimilos a todos.


Desta vez puidemos ver tódalas gaiolas e impresionounos comprobar que, mais da metade, encóntranse dramaticamente baleiras. Ademais, as que aínda teñen cans, están á metade da súa capacidade ou, a lo menos, da cantidade de animais que tiñan hai un par de meses.


Desapareceron tódalas crías e cachorros, así como a maior parte das femias e un enorme numero de cans.


Puideron morrer cans por pelexas entre eles, neses casos non so pensamos que se tratou de un caso de neglixencia por parte das persoas que alí están, precisamente para evitar ese tipo de situacións, senón que, en moitos outros, esta situación posiblemente teña sido provocada, co obxecto de eliminar grandes cantidades de animais, utilizando a outros de maior tamaño e pouco sociables.


Tódolos animais que debían estar separados estaban perfectamente identificados e apartados dos demais. Si se meteron, indiscriminadamente, en gaiolas con outros menos agresivos, foi coa sola intención de provocar unha masacre.

Pero tamén tuvo que haber unha acción premeditada, sistemática e consciente de eliminación de cans, porque son moitos os que faltan. Non dubidadmos de que pasan de un cento, posiblemente mais de 120 cans menos dos que había. Cans que non tiñan por qué estar mortos e sua falta solo se explica por un programa de eliminación masiva con por outro tipo de medios. Asi se deduce tamén das declaracións públicas de algún dos responsables, que esperamos sexan aclaradas no xulgado. 


Os animais que restan vivos, están visiblemente aterrorizados e amosan unha enorme submisión.
Non dubidamos que de a algúns, pouco interesados no traballo e no ben estar dos cans, lles parecera boa a idea e se prestaran a levala a cabo.


No en tanto, esta eliminación masiva de animais, tivo que contar coa aprobación, ou a lo menos a tolerancia, de persoas con autoridade por encima dos traballadores da instalación.


Aínda que algún destes traballadores teñen que saber forzosamente como aconteceron os feitos, alguén tivo que aprobar esa política de  mortes masivas, posiblemente co obxecto de non ter que dedicar mais persoas a canceira, minimizar gastos, non ter que transportar tanto alimento (aínda que se llo seguen pedindo a Coren que o facilita gratis), non ter que limpar tanto e non ter tanto traballo.


Optaron pola solución mais radical que, a ninguén antes e por pura sensibilidade, se lle pasara pola idea. 


Ademais das razóns enumeradas, non dubidamos de que algunha persoa, con responsabilidade para tomar tal tipo de decisión, o teña feito tamén por vinganza.


Sabemos que hai persoas que, a súa incompetencia para organizar e dirixir, suman a prepotencia para impor os seus caprichos e a arrogancia de non aceptar opinións contrarias.


Queremos dicir que, tanto se puido facer por incompetencia, como por rencor e represalia contra os defensores dos animais, que lle levaron a contraria e obrigaron a ter que aceptar outro tipo de decisións. Descargaron a súa ira nos mais indefensos, os cans.


Pensamos que os feitos revisten a gravidade suficiente, non so para que sexan investigadas as posibles responsabilidades penais, senón para que se esixan as correspondentes dimisións no equipo de goberno, sobre todo nos directamente envolvidos en tan repugnantes actos, que, sexa por acción, dolo ou mala fe, as ordenaron, ou se foi por incompetencia, desidia ou falta de dilixencia nas súas obrigas, os facilitaron.

Que de todo parece haber neste Concello e non nos podemos permitir, por mais tempo, estar saíndo nos medios, por causa de xente sen escrúpulos, inmoral e incompetente, que despreza o mínimo coidado aos animais ou utiliza o seu cargo como si se tratara de mandar no curral da súa casa.
Porque, si a canceira é un problema, non é por culpa dos cans e si da falta de capacidade, competencia e interese de quen ten a obriga xestionala.