joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Canceira - O SEPRONA denuncia e confirma irregularidades | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Canceira - O SEPRONA denuncia e confirma irregularidades

19-03-2009 - Reproducimos a nota de prensa que emite Amigos da Terra, ADEGA e Matar por matar,NON, na que informamos das denuncias presentadas polo Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA), da Garda Civil que, nun meritorio e imparcial traballo, denuncia as graves irregularidades da canceira do Carballiño.(VEXA O VIDEO)

O asunto mais grave, que é a morte mais que sospeitosa de moitos animales, tratandose de posibles delitos penales e atopándose en curso as investigacións, non fan parte deste artigo.

Sabemos que está habendo presións e intentos de agochar probas do denunciado e, no seu momento, diremos por parte de quen e a quen.

Neste caso non temos menos que recoñecer a imparcialidade e profisionalidade deste corpo da Garda Civil.

Non esperabamos menos.

Sabemos que hai mais cousas que seguramente os axentes non viron, como é o caso das augas residuais que, sen depurar e sen tratar, corren inmundas polo monte abaixo. Pero quedan claras diversas irregularidades que se viñan negando, como por exemplo:

_ Que a canceira non está dada de alta no correspondente rexistro de Establecementos de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade. Ou sexa, nin existe a efectos legais.
Posiblemente o feito anterior sexa debido a que carece tamén de licencia de obras, proxecto, licencia de apertura así como dos servicios necesarios e mínimos para funcionar.
Ignoramos tamén se hai un certificado de fin de obra á vista das irregularidades existentes e que fan desta obra algo inútil.
_ A luz parece ser que foi colocada, as presas e correndo o día 5 deste mes. Ou sexa, despois da nosa denuncia, a pesar do que se declarou por parte da concelleria correspondente.
Nas denuncias tamén se confirma que a famosa cámara de frío tampouco funcionaba e en consecuencia os animais mortos non podían ser gardados nela.
_ Non existen libros de rexistro de entradas e saídas de cans. Así que dificilmente se vai poder saber nunca cantos foron exterminados.
_ Carece de servicios veterinarios adecuados e de instalacións para o coidado e tratamento dos animais. Lamentable porque, como xa temos dito, a canceira tiña servicio veterinario de balde.

_ Hai cans enterrados hai pouco tempo. O que demostra que as foxas estaban sendo utilizadas.

_ Que desapareceron a lo menos 76 cans. Cousa que nunca antes acontecera na canceira e que está sendo obxecto de investigación por posible delito penal.

Tamén podemos afirmar que seguen morrendo moitos cans, mais do normal, así que posiblemente haberá que facer outra denuncia. 

A falta de servicio veterinario así como as mortes masivas de cans parece evidente que se trata de casos de incompetencia, en uns, e mala fe ou dolo noutros porque, a canceira, funcionaba sen eses problemas que se engadiron nos últimos dous meses que pasou a mans do Concello.

E estes son os datos que presenta o SEPRONA, así que tódalas afirmaciós que se veñen facendo e nas que se fala de "pequenas deficiencias", nas que se utiliza o nome deste Servicio da Garda Civil e nas que se fala de informes que aínda non exisitían, queda probado que tamén se trataba doutra falta contra a verdade.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/19/0003_7600199.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/19/0003_7600198.htm

http://www.laregion.es/noticia/85248/Ourense/Carballi%C3%B1o/seprona/canceira/

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/03/20_01.htm

 

Noticia 21/03/2009 en La Región¨:

http://www.laregion.es/noticia/85428/carballi%C3%B1o/ecologistas/perrera/acusaci%C3%B3n/juzgado/

AdjuntoTamaño
ndp_denunciacanceira_090318-2.doc44 KB