joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Canceira - Mañá xoves pleno no Concello | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Canceira - Mañá xoves pleno no Concello

25-03-2009 - Mañá xoves vaise realizar un pleno monográfico sobre o asunto da canceira.


Dende o Concello pasouse de afirmar que “O SEPRONA non atopou irregularidades”, segundo uns informes que eles dicían coñecer pero que aínda non existían,  a dicir mais tarde, cando este Corpo da Garda Civil presentou os informes e neles aparecen moitas e graves irregularidades, que o SEPRONA seica mente e non desapareceron os 76 cans (mínimo) que a Garda Civil estima que desapareceron , e solo os 15 que eles din.
Así que xa sabemos que os informes da Garda Civil sérvenlle ó Concello cando coinciden coas súas “declaracións” pero, cando non coinciden, non son válidos.


Tamén temos que aclarar que, neste mundo, hai persoas que se preocupan coas animais e coas persoas que pasan mal. As persoas teñen voz e dereitos e pódense defender elas mesmas, pero os animais precisan de alguén que fale por eles.


Así que hai quen se preocupa das persoas e dos animais pero tamén hai quen non se preocupa de ninguén, persoa ou animal, e aínda critican que os demais teñan, dentro de súa actividades a preocupación pólo ben estar de persoas e animais.


Neste caso non so está en cuestión o ben estar e o trato digno e civilizado aos animais, senón que tamén se cuestiona o manexo de diñeiro publico e a maneira de facer as cousas e dar explicacións aos contribuíntes, que pagan por esas obras e tamén os salarios dos políticos. Temos dereito a que se administren ben os cartos e que non se nos minta cando se piden explicacións.

Si queremos ser unha sociedade como é debido, o trato aos animais vai ser unha boa sinal de ata que punto  o conseguimos.

Vexan as cousas que se están dicindo, na prensa, e os números que se dan.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/25/0003_7611471.htm

Outras novas:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009032500_16_309646__Ourense-Concello-dara-explicaciones-sobre-situacion-perrera