joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Por qué non fomos ó Pleno da Canceira | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Por qué non fomos ó Pleno da Canceira

07-04-2009 - Agora discuten se a comisión será de"investigación" ou "informativa". Saben que todos sabemos o que hai e non queren entregar as probas. Lóxico...

04-04-2009 - Seguimos polas "ramas"  e a comisión non "arranca" dez días despois do que debería ser a primeira reunión...si deles dependera a cousa quedaría impune.

01-04-2009 - Mais desculpas para non crear a comisión e o grupo de goberno segue "desaparecido", incumprindo os acordos do pleno. Teñen moito que agochar...

28-03-2009 - Comezan os problemas para aclarar o asunto. O grupo de goberno da plantón ós demais grupos 24 horas despois de acordar ,en pleno, a constitución da comisión.

Artigo Orixinal:

27-03-2009 - Están a nos preguntar as razóns polas que non asistimos ó pleno da corporación Carballinesa, onde hoxe se debatían as irregularidades da canceira, así como á esperada concentración, con mascotas incluídas, que se contaba con que acontecera.


Non fomos porque consideramos que é hora de que os políticos fagan o seu traballo e a xustiza actúe, con serenidade, aclarando os graves feitos que aconteceron naquela malfadada instalación contra os indefensos animais.


Non fomos porque non quixemos entrar nas provocacións que había planeadas, dende o día anterior, cando se fixo unha reunión previa de incondicionais ata a cegueira, que irían apoiar ó grupo de goberno e onde os ánimos estaban bastante exaltados.

Os mesmos estómagos agradecidos, indiferentes co maltrato animal, para os que, este tipo de barbaridades - inconcebibles nun País civilizado - igual que para o alcalde, son asuntos "sen importancia" que causan "hastío" e dedican o seu tempo a defender anónimamente estas desfeitas nos foros.


Non fomos porque, desde a concellería correspondente, íanse dar “tódalas explicacións que foran precisas”.


Seica houbo unha enorme concentración de forzas de seguridade, esperando os previsibles “disturbios”, dos que foran prevenidos e que, supostamente, serían ocasionados polos ecoloxistas “radicais” que estamos facendo unha campaña de “desinformación”.


Tamén houbo unha masiva asistencia de medios de comunicación que, supomos , darán unha mais completa visión do acontecido.


Ó final resultou que a espera foi vana, non houbo ecoloxistas radicais, nin doutro tipo e a persoa que iria dar as “explicacións” seica brillou polo seu silencio. Non dixo nada. Estaba previsto pedir a súa dimisión, no caso de que as explicacións non foran adecuadas, pero non houbo ocasión. O silencio seica foi estridente.


Os argumentos do Concello en boca do alcalde: acusar aos demais de matar cans hai vinte e cinco anos... e de “obrigalos” a administrar a canceira. Cando o único que tiñan que facer era seguir como estaba. Pero seica era moito traballo e tomaron “iniciativas” para “simplificalo”.


As resolucións do pleno: formar unha comisión de investigación para aclarar o infamia e crear unha fundación que xestione a canceira con criterios menos “expeditivos” que os utilizados polo Concello do Carballiño e utilizando persoas con outra sensibilidade cara ós animais.


Resolución aprobadas pola maioría que forma a oposición, porque ao grupo de goberno semella que, a ningún deles, lles interesa destapar “ovellas negras” nin aclarar o que pasou.


Aínda así está por ver que estas resolucións se leven a cabo, porque non so careceron da honestidade e hombría suficiente para aceptar que houbo erros, tratar de melloralos e arranxar as cousas, senón que , ademais, reaparecen os indicios de falta de boa vontade amosados polo grupo de goberno, sempre remiso á hora de cumprir coas resolucións plenarias que “non lle conveñen”. Xa están pondo “pegas” para iniciar os traballos e aceptar o acordado.

Unha solución, mais que experimentada onde as cousas funcionan e que viría a resolver as inconstestables deficiencias que, por incompetencia, desidia e arrogancia, se veñen producindo na canceira desde a sua construcción.


Podemos garantir que hai moitas cousas por aclarar. E non so a morte cruel, inhumana, innecesaria e brutal de un cento de xenerosos, leais e martirizados cans, por parte de seres moito menos nobres ca eles.


Teremos ocasión de publicar nestas páxinas a desidia e desprezo co que se poden chegar a  utilizar os nosos cartos, así como unha mostra de cómo a lei é pisoteada por persoas que deberían ser exemplo no cumprimento das obrigas legais.


De momento hoxe presentouse unha serie de peticións, perante os órganos xudiciais, co gallo de que a covardía levada a cabo e da que hai probas irrefutables, non quede impune.


Das trapalladas levadas a cabo coa inxente cantidade de cartos que se dilapidaron, negándolle un mínimo de existencia digna aos seus lexítimos destinatarios, que eran os cans, daremos detallada conta no seu momento. Porque, despois de lles negar o que lexitimamente lles pertencía, aínda os mataron. Supostamente, claro...


O pobo do Carballiño non merece a imaxe que certos “representantes” están dando desta Vila.

 

Prensa do día 28 sobre o "plantón" dado á oposición:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/28/0003_7618767.htm

http://www.laregion.es/noticia/86006/carballi%C3%B1o/informe/perrera/municipal/

 

Prensa do día 27:

http://www.abc.es/20090327/galicia-galicia/carballino-investigara-muertes-centenar-20090327.html

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/27/0003_7616766.htm

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009032700_16_310534__Ourense-crea-comision-para-investigar-muertes-perrera

http://www.laregion.es/noticia/85895/Carballi%C3%B1o/pleno/perrera/AMedela/PSOE/oposici%C3%B3n/

 

Outras noticias:

http://www.sos-galgos.net/2009-03-14/ueberfuellte-leichengruben-und-faules-wasser.html