joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Segue o "progreso" | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Segue o "progreso"

Posted in

02-04-2009 - Cada paso de “progreso” é un pouco de vida e medio natural a menos. Cada vez que se fala de crear progreso hai unha parte da natureza que se destrúe e se substitúe vexetación por cemento. Así seguirá hasta rematar co que resta de medio natural.
Pouco a pouco teñen pensado acabar con todo.


Non procuran unha mellor vida para os que somos. Precisan cada día mais consumo e mais consumidores para acadar mais “crecemento” e mais lucro. Fixeron das necesidades básicas da nosa especie un negocio para gañar cartos.
Así que non se está á procura de mellor calidade de vida para un número racional de humanos e si de aumentar indefinidamente o número de consumidores para vender cada ano mais, co conseguinte deterioro do mundo e esgotamento dos recursos, da vida natural e das demais especies.


Con ese fin envelenan o aire que respiramos, e a auga que bebemos, a auga hai que comprala porque xa non se pode beber dos ríos, e destrúen a natureza que nos permite a vida.
A especia humana, mentres viviu igual que as demais especies e se moveu por sendas, se curou por medios naturais e se reproduciu de acordo cos recursos, progresou. Cando artificialmente se multiplicou de maneira descontrolada, está marcando o seu fin.


Á vida silvestre non lle queda lugar, non atopan sosego para se reproducir e para vivir en ningún lugar porque tódolos sitios están invadidos ou infectados pola presencia humana.
Cada día hai mais pistas e invasión do territorio e alí os animais teñen medo de se reproducir e arriscar a súa prole, desa maneira non hai paz para criar nin territorio para vivir.


Hai menos de 50 anos non había luz na maioría dos lugares e o home recollíase ao ocaso, a noite era enteiramente para os animais que nela sobrevivían, hoxe hai circulación, a noite, por tódolos montes, hai mortes por atropelos a calquera hora e hai sobresaltos para as especies diúrnas pero tamén para as nocturnas.


Hai menos de 50 anos non existan pistas e a terra era traballado proporcionando alimento.
Hoxe o automóbil e o deus en aras do cal se destrúe o mundo, desaparecen as sendas por onde o animal home circulaba compartindo o territorio coas demais especies e invadimos e destruímos todo, con monstruosas “infraestructuras” para que petroleiras e industria automobilística gañe mais cartos.


Non se fan estradas para que circulemos mellor, fanse para poder vender mais coches, auméntanse as distancias para que estean en movemento aínda que teñan que percorrer o dobro ou triplo da distancia. Non fora eso, hai tempo que, con tanto coche, xa estarían todos atascados nun inmenso embotellamento.


Para moitos eso é progreso, sobre todo porque llo inculcou o sistema, pero habería que se cuestionar hasta cando vai continuar ese “progreso”, a onde nos está levando, cando pensan parar ou se teñen idea de asfaltar algún día o mundo enteiro e substituír os bosques por chapapote.


Automóvil:
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=83001

http://www.elpais.com/articulo/internacional/Perseguidos/explotados/recluidos/elpepuint/20090223elpepiint_9/Tes

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/04/02/0003_7629431.htm

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/04/02/0003_7629360.htm