Skip to main content

Gastando en luxos e pasando fame.

Posted in

07-04-2009 - O mundo progresa socialmente pero España, Galicia e sobre todo Ourense, seguen indo para tras. E todo porque, no noso atraso cultural, aínda seguimos confundindo cemento e chapapote con desenrolo. Cousa que era mais ou menos verdade hai 50 anos, pero que xa non é así, excepto para quen pensa como hai 50 anos atrás e para os que, sabedores dese feito, nos seguen convencendo de que investir en grandes “infraestructuras” –coas que solo gañan uns poucos – é bo para o pobo.


Hoxe somos, en térmonos de cemento e chapapote, unha potencia mundial. Grandes obras que reportan moitísimos cartos ás grandes empresas e as multinacionais do automóbil e do petróleo, pero que destrúen o noso territorio, non crean postos de traballo- uns poucos para xente de fora do País – e acaparan os investimentos que deberían ir en beneficio da cidadanía.


Seguimos esquecendo o transporte público, que si crea postos de traballo e preserva o medio ambiente. O servicios sociais, a sanidade, a educación, a xustiza, etc. cousas que precisamos con mais urxencia pero que, os defensores das grandes empresas e intereses, nos seguen negando e convencéndonos de que, o que fan e mellor para nós, aínda que en realidade represente a pobreza e o atraso que día a día tódolos estudios veñen confirmando.


Mentres Galicia e o resto do País non esperten, vexan o engano e reclamemos que os nosos cartos revertan en beneficios para a colectividade, seguiremos enriquecendo aos ricos e seguiremos sendo mais pobres.
Mentres sigamos confundindo autoestradas con progreso, seguiremos perdendo a oportunidade de mellorar.
Mentres pensemos que andar en coche a tódolos os lugares e tódolos días para calquera cousa, seguiremos morrendo nas estradas e perdendo a nosa riqueza natural.
Mentres continuemos na nosa ignorancia, cultivada polos poderes públicos, seguiremos perdendo a oportunidade de crear postos de traballo de calidade e benestar para todos.


A diario aparecen noticias na prensa con novos proxectos de autoestradas, AVE, embalses, muíños de vento, piscifactorías, etc. que destrúen Galicia e benefician a grandes corporacións.


O raro é ver noticias de inauguración de hospitais, escolas, centros sociais, servicios  a dependentes, recursos para a xustiza, garderías para nenos, axudas á familia, etc.


Mais raro aínda que se fale de transporte público de proximidades, liñas de tren que integren o rural e as zonas metropolitanas, liñas de metro urbanas, ou calquera outro tipo de transporte racional, abundante en toda Europa pero inexistente en Galicia, onde as autovías invaden terras, casas, litoral, montes, e o pouco que resta da Galicia verde, nunha orxía de cemento, destrucción e suxeira que non remata nunca e cada día que pasa reprodúcense como unha verdadeira praga por tódolos recunchos da nosa Terra.

Esto é o que leemos, solo no día de hoxe, na prensa, sobre o lugar onde van parar os nosos cartos, mentres se constata o estado lamentable no que se atopa a xente da nosa Terra. Sobran cartos pero estanse regalando ós poderosos. Como se pode comprobar, tanta “infraestructura”, nunha terra atrasada, ningún beneficio reporta ó pobo :

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/04/07/0003_7639624.htm
Ourense mais de 26% de pobreza

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/04/07/0003_7639629.htm
España non consegue que o crecimiento aporte desenrolo

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/04/07/0003_7639575.htm
Licitase o enlace da A52 por Celanova a Portugal

http://www.laregion.es/noticia/86888/ourense/pobreza/pobres/indice/umbral/provincia/galicia/mayor/número/
40.000 familias non "umbral da pobreza" con con menos de 600 euros ó mes.

http://www.abc.es/20090407/galicia-galicia/informe-dice-ourense-registra-20090407.html
Ourense tasa de pobreza mais alta de Galicia

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/04/07_08.htm
España unico pais da UE que non logra reocortar a pobreza