joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Non vai haber comisión de investigación | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Non vai haber comisión de investigación

18-04-2009 - (Ou eso pretenden...) Onte día 17 estivemos no despacho do alcalde.
Despois de nos facer esperar o que lle deu a gana ó final pillámolo no corredor e tivo que nos atender.
Hoxe puidemos ver como un alcalde, que debería ser exemplo de respecto á lei, se ría na mesma cara de un concelleiro da oposición, cando lle lembraba que había que reunir a comisión de medio ambiente, cada quince días, por acordo do pleno.


Cando lle reclamamos que debería formar a comisión de investigación para aclarar a masacre que eses “valentes” fixeron cos pobres cans, respondeu, tamén rindo e con o maior cinismo, que andaba con outros asuntos “mais importantes” e desafiou a ese concelleiro a “que presentara unha moción de censura”. Non queremos imaxinar que, os “asuntos mais importantes” se trate de outra “licitación” como a da canceira.


Pois ese é o respecto que lle ten o sr. Alcalde aos representantes do pobo e aos acordos que se toman nos plenos.


Así que, a conclusión que sacamos e que non teñen a mais mínima intención de formar a comisión de investigación, nin de aclarar quen foi o/a desalmado/a que ordenou a matanza de cans, nin moito menos quen foi o tarado que os executou. Teremos que o investigar pola nosa conta.


Votaron a favor desa comisión coa idea xa pre establecida de que a tal comisión nunca funcionara e coa sola intención de non parecer sospeitosos. Semella o caso dos que matan a moza e logo saen cos que a procuran e están a chorar o día todo, hasta que se descobre que foron eles os asasinos.


E se o caso da matanza de cans é grave, o que non van permitir, non nos cabe dúbida, é que se ande enredando nas contas desa obra e se poidan destapar as gravísimas irregularidades que poderían existir no manexo dos 300.000 euros que supostamente se “inverteron” na instalación, algunhas das cales xa relatamos noutro artigo.


Teremos que recorrer á fiscalía para que investiguen esas contas.


De maneira que, por se non o sabían, esta é a xente que está administrando os nosos cartos. Se no asunto da canceira, que son 300.000 euros, hai as dubidas que hai, non queremos pensar no que pode acontecer cos 2.500.000 euros que se van gastar procedentes dos fondos estatais ou co mareante volume de cartos que se moven nas autovías e no AVE.


Que a xente do Carballiño se interese mais polo que pasa no seu Concello sería unha boa maneira de moralizar algo o descontrole do que alí acontece.


Pensamos que estes exemplos que están a dar as nosas autoridades municipais de prepotencia, arbitrariedade, falta de respecto aos cidadáns e aos seus representantes, desprezo ás decisións do pleno e enxague de cartos públicos sen explicación, amosan unha intorelable burla as leis cando deberían ser os primeiros en as cumprir.


Dificilmente lles poden esixir aos demais que cumpran as súas determinacións. Non teñen autoridade moral.


Tamén indagamos sobre a suposta orden que nos prohibe entrar na canceira. Deu instruccións para que nos fora entregado o documento oficial que acredita tal prohibición e desapareceu.


Despois de dúas horas de despacho en despacho e de que outros nos obrigaran a presentar un escrito, a tal orden seica non existe, así que semella que nos pretendeu tomar o pelo e, como consecuencia, iremos á canceira, no horario establecido, sempre que nos pete.