joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Dez policías armados. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Dez policías armados.

23-04-2009 (Actualización) - Vimos as "explicacións" dos municipais, no canal 26, e dicimos:Identificar a quen non está molestando a ninguén e se coñece de toda a vida, solo pode ser coa intención de provocar .

Si había dous gardas facendo a identificación ¿por qué viñeron outros tres? ¿é que os primeiros non saben pedir o carnet eles solos?.

Se a pancarta "non tiña problema" ¿por qué nos la quitaron? ¿tamén para provocar?.

Si os Garda Civis estaban "de paso" ¿por qué tamén apuntaron os nosos datos e asitiron ao cacheo do coche? ¿non "confiaban" no traballo dos municipais?.

Parece evidente que os mandaron  identificar a un pacífico cidadán e a un concelleiro do Carballiño, ambos sobradamente coñecidos, solo para acosar e intentar provocar un incidente. Non semella que esa deba ser a función da policía e si tódolo contrario: Evitar problemas. Non causalos.

Outra cousa, niguén se nega a se identificar, outra cousa é "alucinar" cando alguén, que te coñece de toda a vida, de repente pide que te "identifiques". O primeiro que pensas é que se trata de unha broma e demoras algo en "despertar", porque hai cousas que, si se lle ordenan facer a un civil normal, éste manda ao "ordenante" a "paseo" ou a que faga ele mesmo o servicio.

O único que realmente solo pasaba por alí e non tiña nada co conto, foi o axente do SEPRONA.

21-04-2009 (Artigo orixinal) - Cinco Guarda Civiles e cinco gardas municipais. Eso foi o que nos mandaron as “autoridades municipais” para intentar que calemos.
Agora xa sabemos como o sr. Alcalde e a Sra. Concelleira de Medio Ambiente “resolven” os problemas da canceira.


Contra o amoreamento de animais: Mátanse e entérranse nunha foxa común.


Contra as denuncias ecoloxistas: Prohíbese a entrada na canceira a testemuñas “incómodos”.

Contra as denuncias do SEPRONA: Desméntese todo hasta que as probas son irrefutables.

Contra as comisións de investigación: Vótase que si e despois andan “fuxidos” para non as levar a cabo.

Contra as protestas: Mandan a tódalas forzas armadas dispoñibles.


Levaban días provocándonos e acosándonos. Que si o coche estaba “rozando” unha liña amarela, cando había unha ducia de coches mal aparcados e encima das aceras, que si tiñamos que pechar a porta do coche que estaba algo aberta para que se escoite mellor a música, cando había camións coas caixas de “gasosa” amoreadas no medio da rúa, que si tiñamos que baixar o volume da radio, cando pasaban os do “tunda, tunda” coa radio a todo volume, etc.


A todo calamos e cumprimos coas indicacións dos municipais, que nos mandaban a que nos advertiran, constantemente.


Pero viron que non era dabondo e que alí estamos, e estaremos, día tras día.


Ignoramos (ou non?) o que lles fai perder os nervios con tanta facilidade, pero o caso é que agora agóchanse detrás dos corpos de seguridade e da policía municipal. Pero a comisión segue sen arrincar e as súas faltas de respecto polo acordado nos plenos continúan.


Cada día convéncennos mais de que, o que agochan, é grave.


Hoxe, como cada día, presentámonos diante do Concello, estendemos unha pancarta nas escaleiras da Praza Maior e comezamos a repartir folletos denunciando que non se forma a comisión de investigación aprobada por tódolos grupos de goberno.


Na pancarta dicía “COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN ¡XA!”. Estabamos os dous que fomos comisionados, e temos tempo, para facer o plantón diario fronte ó Concello e non molestamos nin ao tráfico nin a ninguén.


Primeiro chegaron os municipais, que xa nos tiñan esixido que pecharamos as portas do coche, e así fora feito. A señorita que “cumpría ordes” esixiunos a documentación. Mentres tratabamos de que nos explicase a razóns de termos sido “elixidos” para control de “seguridade ciudadana”, apareceron tres municipais mais, cabo incluído.


Sen mediar explicación algunha, o cabo comezou a retirar a pancarta que estaba no chan. Pedímoslle que, no caso de que estorbara, nos lo indicara que nos mesmos a retirariamos. Negouse e apropiouse da pancarta. Tamén nos ameazou con nos “meter para dentro”.


Nese tempo xa tiñan chegado tamén outros cinco Garda Civiles, posiblemente procedentes de Ourense xa que non lembramos de telos visto no Carballiño, que en todo momento apoiaron aos seus “colegas” municipais.


Despois de nos identificar e retirar a pancarta, ordenaron que abriramos o coche, que por certo, estaba perfectamente aparcado, e revisaron o vehículo de cabo a rabo. Documentación incluída.


Seguimos estupefactos diante de tanto despregue de medios para “deter” a dous pacíficos cidadáns, que solo esixiamos que se cumprira o que eles mesmos determinaron e que non molestabamos a ninguén, cando a diario vemos as graves carencias que existen, tanto na seguridade dos veciños, como no controle do tráfico do Carballiño.

Xa é a segunda vez que aproveitan as suas "influencias" para mobilizar  innecesariamente á forza pública, sendo a primeira con ocasión do pleno sobre a canceira, cando destacaron un numeroso grupo de GardaCiviles á porta do Concello.


Mostramos o noso rexeitamento pola utilización desorbitada e innecesaria dos corpos e forzas de seguridade do Estado, con o que semella a sola intención de nos amedrentar. Cousa que nin conseguiron nin van conseguir.


Reafirmámonos na esixencia de que a lei sexa cumprida por todos, alcaldes e representantes do pobo incluídos.


Esiximos que se forme a comisión de investigación sobre os terribles feitos acontecidos na canceira.


Comprometémonos a continuar esixindo que se faga xustiza cos pobres e inocentes cans que foron sacrificados, nun acto de inxustificada e gratuíta crueldade, para non ter que atendelos.


Prometemos continuar a nosa loita hasta que eses animais teñan a xustiza que merecen e a non esquecernos deles, hasta desenmascarar aos responsables e que presten contas pola barbaridade que cometeron.

Mais información:

http://www.laregion.es/noticia/88363/Carballi%C3%B1o/Garda/Civil/identifica/ecoloxistas/investigarm/canceira/