joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Convocada comisión Canceira | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Convocada comisión Canceira

30-04-2009 – Despois de 15 días, durante os cales estivemos diariamente fronte ó Concello do Carballiño, esixindo que se forme de unha vez a comisión acordada o día 26 de marzo polo pleno, en votación unánime, para investigar a fondo todas as irregularidades acontecidas na canceira do Carballiño, e sobre todo, a morte inxustificada de mais de cen cans, finalmente, no día de onte, o Sr. Alcalde presidente da corporación, tivo a ben iniciar os traballos o luns día 4 de maio.


Esta primeira reunión fora marcada para o día seguinte ao do pleno, e dicir, para o dia 27 de abril, o que significa que se convoca con mais de un mes de atraso. Ademais convócase para as 9 da mañá, unha hora inusual e que, supoñemos, será para dar "facilidades" aos que, ó contrario do que pasa co sr. Alcalde, non cobran do concello.


Como queira que estes feitos foron aproveitados polo grupo de goberno para menoscabar, un pouco mais, a súa xa escasa credibilidade fronte ao pobo do Carballiño, e tendo en conta que tal feito non podería deixar de nos afectar na mesma medida, o que faremos é retirar provisionalmente os medios e pancartas que nos serviron durante estes días, e poñelos a bo recaudo, pendentes de que as cousas sexan feitas honestamente.


É evidente que estaremos pendentes de que a devandita convocatoria non sexa unha manobra mais de distracción, en cuxo caso estremos prestes a retomar as mobilizacións que sexan precisas.

 

Mais información:

http://www.laregion.es/noticia/89255/perrera/municipal/carballi%C3%B1o/

http://copecarballino.es/novas/bernardo-garc%C3%ADa-os-acordos-do-pleno-sobre-canceira-vanse-cumplir

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/04/15/0003_7651837.htm

http://www.laregion.es/noticia/88581/Protesta/ecologista/muerte/perros/

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/03/06/0003_7572344.htm

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/04/0003_7567765.htm