Skip to main content

Pobres financiando a ricos

Posted in

13-05-2009 - Na liña dos artigos anteriores ( 1 e 2) que falaban sobre as mareantes cantidades de cartos que o “sistema” que padecemos, dominado polos empresarios e banqueiros, dedica a megalómanas infraestructuras - nas que eles acaparan os fondos producidos polo traballo dos asalariados, mentres carecemos de recursos para servicios básicos - hoxe incluímos unha serie de enlaces nos que se pode ver a grande mentira quen nos están a contar sobre os “supostos” problemas que terán as pensións no futuro. Problemas que, segundo eles, se resolverían aumentando a idade de xubilación, diminuíndo o importe das futuras pensións ou privatizando o sistema.

O primeiro fala das axudas a un sector tan contaminante e ineficaz como é o do automóbil, que agora se confirma que terá novas axudas tanto aos fabricantes como á compra de coches.

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=85277

O segundo, en termos bastante cristalinos e comprensibles, trata da falacia de ignorar a productividade cando se fala da falta de recursos.  

http://carnetdeparo.blogspot.com/2009/04/pensiones-que-coticen-los-cajeros.html

Neste terceiro  os datos xa son moito mais serios e o artigo está asinado por un profesor de economía aplicada.

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=85265

Por último, e tratando o mesmo tema, explícanse os enormes errores, intencionados ou non, que se introducen nas informacións que se publican sobre o asunto das pensións. 

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=85233