Skip to main content

Fondos estatais – incompetencia e despilfarro.

Posted in

14-05-2009 - Nestes días de mediados de maio, cando estamos vendo no seu apoxeo a tarefa dos concellos en dilapidar os fondos de inversión estatal que lles foron concedidos a primeiros de xaneiro, é cando temos os parámetros para medir a capacidade (ou intereses) dos nosos políticos.

Para mellor comprender o que está acontecendo, o mais práctico sería colocarnos na situación de quen ten a responsabilidade de administrar o mareante volume de cartos que recibiu cada Concello e, a partir desa situación, evaluar as posibilidade que teríamos de decidir como gastar eses cartos.

Un primeiro caso e no que, por simple lóxica, calquera persoa minimamente racional se colocaría, é a de pensar en facer un proxecto da máxima utilidade para os veciños do Concello e que, ademais, levase implícita a creación do maior número de postos de traballo. Ó final esa era a finalidade para a cal se pensaron os tais fondos: crear postos de traballo.

O segundo caso podería ser o de gastar eses fondos da maneira mais cómoda e rápida posible, sen levar moito traballo e de maneira que vaian parar ás mans de algún empresario amigo, que algo “caerá”. E cando digo podería estou querendo dicir podería, non que sexa así.

En base a estas dúas premisas agora podemos analizar o que se está facendo coa millonada que repartiu o goberno central e se os resultados van nunha ou noutra dirección.

Vexamos o caso mais próximo, o Concello do Carballiño. Que tamén podería ser calquera dos concellos limítrofes, unha vez que practicamente teñen os mesmos problemas.

Nestes concellos temos acuciantes problemas de sanidade porque as augas dos alcantarillados van parar ós regatos, contaminando estes e mais os ríos nos que desembocan. No Carballiño está sen rematar a depuradora do Río Carrás e colocáronse unhas tubarias que recollen os residuos e bótannos no río un pouco mais abaixo.

En Maside conectáronse ao alcantarillado a aldeas de Cimadevila, unha fábrica e varias casas construídas preto da aldea o que implicou en moitos metros de tubaria e que as augas sucias sexan conducidas a un micro pozo negro que hai ó lado do Barazal.

En todos os lugares da comarca hai este tipo de “depuradoras”, que despois non se limpan e acaban contaminando todo. Ninguén pensou aínda en colocar depuradoras ecolóxicas, igual que as que existen en Canarias nas que, as augas que delas saen, son decantadas e purificadas mediante superficies de grava e plantas adecuadas que limpan a auga sen contaminar ningún río. Entre outras cousas porque en Canarias non hai ríos.

Temos na comarca un enorme problema coa invasión de plantas alóctonas, como é o caso das mimosas e das cortadeiras, que se están estendendo por todo o Ribeiro e resto da provincia sen que ninguén tome medida algunha para erradicalas. En Ourense hasta plantaron mimosas ó lado da circunvalación.

É evidente que atacar estes dous problemas sería de enorme interese para  o medio ambiente da comarca e, a construcción de depuradoras ou a eliminación desas plantas invasoras, crearía unha enorme cantidade de postos de traballo.

Si contrastamos esas dúas necesidades - que desde hai anos están pendentes de que algún “responsable” se ocupe de resolver, e aínda que hai outras moitas, como retirar o entullo e o lixo que hai tirados polos montes,etc. pero nas que non entraremos para non nos estender neste artigo – con o que se está facendo, teremos a medida adecuada da capacidade de xestión que teñen os nosos políticos ou dos intereses que os moven.

Analicemos o tipo de obras que se están levando a cabo: Reformas de piscinas, melloras de teitos de pavillóns, chapapote no Carballiño e en Maside (despois criticaban aos anteriores gobernos) unha parada de autobús megalómana en Maside, etc. incluso si miramos o que acontece noutras cidades a cousa da que pensar. En Vigo están “humanizando” algunhas rúas da cidade o que consiste en talar árbores, cambiar baldosas, destruir o recentemente colocado mobiliario urbano (como as luxosas marquesinas das paradas de autobús) e montar un tremendo caos no tráfico.

A vista do que hai solo cabe preguntarse si a cousa é debida a que esas foron as “mellores” ideas que tiveron os responsables de administrar os fondos, en tal caso habería que cuestionarse a capacidade intelectual de tan “enxeñosos” administradores ou si optaron por tomar o “atallo” e dilapidar os cartos rápido, sen moito traballo, sen cavilar demasiado e sen se importar por crear ou non postos de traballo.

Pensemos que as empresas que fan esas obras son as que levan a maior parte dos fondos, poucos, ou ningún, postos de traballo a mais se crearon con esas obras e, a mellor maneira de que foran parar as mans dos traballadores e desempregados, sería a contratación directa dos mesmos para realizar tódolos traballos que foran posible mediante contratación directa.