Skip to main content

Enlace Maside Carballiño - outra desfeita

Posted in

23-05-2009 - Non é a primeira vez que denunciamos as abusivas desfeitas que ocasionan as empresas que están construíndo autovías e autopistas en Galicia.


Non basten os danos propios que estas infraestructuras causan no medio ambiente, a paisaxe e contra a fauna, senón que estes danos vénse incrementados pola cobiza destas empresas que solo pensan no lucro e non dubidan en multiplicar o impacto da obra e a destrucción do territorio para aforrar cartos e así ter o máximo de lucro posible.


Actuacións que contan sen dúbida co visto e prace de quen debería fiscalizalas e esixir mais calidade de obra e menor impacto medio ambiental, pero que deben estar no mesmo carro que esas empresas e conséntenlle o que sexa.


Os documentos gráficos deste artigo foron tomados no enlace de Maside ao Carballiño.

Unha obra innecesaria, tal e como denunciabamos no seu día, xa que despois de que se abriu ao tráfico o tramo da autopista entre Cea e Santa Cruz, co enlace de Ariz, eliminouse practicamente o movemento de vehículos na nacional 504 sen necesidade desta obra brutal para o medio, megalómana e inútil, que dilapida recursos moi necesarios para outras prioridades.


Neles podemos apreciar como, por evitar unha lixeira pendente desde o Barazal hasta o alto de Maside (O Lago) optaron por construír unha tremenda trincheira, con dramáticas consecuencias paisaxísticas, sociais e de barreira para a fauna, que divide os pobos e causa un enorme impacto ambiental.


Tampouco se fixo un solo paso para a fauna en todo o trazado deste enlace. Así que, no futuro, asistiremos ao atropelo masivo de animais nesta “autovía exclusiva” como foi definida por algún (i) responsable político.


O brutal movemento de terras, a primeira vista, podería ser considerado inútil e custoso para a construcción da autoestrada, pero non é así.

 

Igual que se fixo na autovía Ourense Santiago e en tódalas demais, a terra que quitaron deses lugares precisábana para outros, onde, utilizando a terra e amoreándoa en grandes taludos, como se pode ver no Barazal, evitaron ter que construír pontes ou viaductos que son moito mais caros e precisan mais man de obra.

 

Pero que deixarían mais “permeable” esa obra para persoas e animais, así como un menor impacto visual e ambiental.

 

 

 

 

Tamén incluímos fotos antigas deses lugares co obxecto de que se poida apreciar como a construcción indiscriminada de autoestradas está a destruír o rural galego e a súa riqueza paisaxística e natural.

 

 

Neste caso non so se ocasionan graves danos á natureza como se están dilapidando fondos que son moi necesarios para cubrir outras necesidades como é o caso da falta de un hospital en Carballiño ou de servicios como radioloxía, garderías, pediatría, xinecoloxía, que de existir na nosa comarca escusabamos de autovía para ir a Ourense, ou nun mellor funcionamento da xustiza porque que xa están pensando en cobrar aos usuarios co obxecto de conseguir os fondos que seica non teñen pero que lles sobran para chapapote.

 

Pinche sobre as fotos para aumentar o tamaño.

As catro fotos do comezo (as duas da esquerda antes da obra e as duas da dereita despois) foron tomadas na pista que vai de Maside a Negrelle (pódese ver a granxa que hai detrás das casas). Comprobamos como as árbores desapareceron, unha das casas foi demolida e, onde estaba a carballeira de Amarante, foi feita unha inmensa trincheira de onde se quitou a terra para os recheos do Barazal.

As tres fotos que ocupan o medio do artigo están tomadas no Barazal e o regato que se ve é o "Listanco" onde había un muiño, que desapareceu, o río canalizado e foi todo coberto por un imneso talude que permite o paso sobre a estrada nacional.

Nas duas seguites unha vista desde a pista que vai de Maside a Cimadevila mirando hacia o Barazal, o lugar coñecese pola árbores da dereita, á esquerda antes da obra e a da dereita no momento actual.

As duas seguintes (esquerda e dereita) unha vista desde O Barazal hacia a Touza, coñecese o lugar polas casas e a antena que hai ó fondo.

Na última foto podese ver os enormes taludes que hai a ámbolos lados do Barazal. Parece que é moito traballo facelos, pero é evidente que traballar solo con excavadoras e camións aforra moita man de obra. Evidentemente o impacto é brutal e representan unha barreira para o paso dos seres vivos ademais dos enormes perxuícios que se causan  nos ríos debido á erosión e ao transporte de terra polas choivas durante a obra.

Vexa, pinchando aquí, a nota de prensa.

Outro artigos relacionados:

http://www.matarpormatarnon.org/node/497

http://www.matarpormatarnon.org/node/535

http://matarpormatarnon.org/node/246

http://matarpormatarnon.org/node/286

AdjuntoTamaño
Nota prensa Enlace.doc57 KB