joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Á xente honrada do Carballiño | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Á xente honrada do Carballiño

08-06-2009 - Votos en branco e nulos no Carballiño: 97.

28-05-2009 - Co gallo das elección europeas queremos lembrar á xente honrada da nosa comarca que, na canceira da Medela, seguen estando moitos animais, bos e leais, que viven nun auténtico campo de concentración.


Nunca saen de paseo, dormen o ano todo no cemento, pasan frío no inverno e calor no verán, non teñen quen lles faga unha caricia, beben auga quente no verán e no inverno non a teñen porque se conxela.


Comen porque unha empresa privada lles regala carcasas de polo crúas, pois se non fora así morrerían coa fame. E todo porque quen ten a responsabilidade do seu coidado, non soubo ou non quixo administrar como é debido os cartos que eran deles.


Gastan cartos en obras demagóxicas e non son quen de destinar fondos ó coidado e alimentación dos animais. Prefiren matalos.


Dan unha imaxe do Carballiño como se foramos todos iguais de brutos, insensibles e maltratadores de animais.


Quen agora vos pide o voto permite que ese siga así porque non respectan os acordos que se toman no noso Concello.


Podían estar baixo o coidado dunha fundación composta por xente a que lle gusta tratar ben aos animais. Pero por capricho non a organizan aínda que, por acordo do pleno, tiña que estar funcionando no mes de Xuño.


Podíamos saber quen malgastou os cartos que lles pertencían aos cans, pero a comisión de investigación que apoiaron non a convocan, porque non queren que se aclaren as trapalladas que houbo.


Quen vos di que protexe o medio ambiente e organiza transportes alternativos non cree neles e andan pola Vila en todo terreos grandes e contaminantes. Fano para que lles votedes agora e despois non respectan  os nosos sentimentos.


Agora tendes a oportunidade de lles dicir que non estamos cegos. A uns por facer e a outros por consentir o que merecen é un voto nulo ou en branco.