Skip to main content

Os perigos do provincianismo

Posted in

31-05-2009 - Unha vez mais o provincianismo e os intereses persoais, están a se impor no anuncio de un suposto grande proxecto para a comarca da Limia. A cacarexada fábrica de avións non tripulados.


Como sempre a razón que xustifica e esixe apoio para calquera falcatruada, son os “postos de traballo”. Postos de traballo que quen nos administra non soubo (ou non quixo) crear dentro da actividade tradicional da comarca (desta e doutras como Carballeda de Avia) e agora pretenden comprar os veciños coa posibilidade de teren onde gañar o sustento nun emprego. Aínda que sexa envelenado.


Non sabemos si os previstos 7.000 postos de traballo serán para técnicos de fora ou para labregos da Limia reconvertidos en fabricantes de avións.


Tampouco se abre un debate serio e adulto, no que expoñan os pros e os contras deste proxecto, como pode ser a súa compatibilidade co medio de vida tradicional da comarca, os espacios naturais como o recentemente recoñecido pola UNESCO Parque do Xurés. Os inconvenientes de ter avións a reacción sobrevoando o día enteiro a comarca, as destrucción de unha inmensa área da Limia con unha pista de 5 quilómetros de longo, así como outros factores de enorme importancia, como poden ser:


_ Fabricar na nosa comarca unha arma de guerra que está sendo utilizada en Pakistán con enormes danos “colaterais”, conforme vemos a diario nos xornais. Arma que por outra bando é das mais covardes, porque mata sen que o autor se arrisque en nada.
Arma que tamén utilizan os israelís para matar palestinos.


_ Unha industria que transformaría a Ourense e a toda Galicia, en obxectivo prioritario en caso de conflicto por ser unha fábrica de armas das mais letais.


_Todo sen desbotar a posibilidade de que calquera movemento terrorista teña as instalacións como obxectivo xa que nelas se pretende que teñan representación a OTAN, a NASA, o exército americano, así como outros “pacifistas”.

_ Como consecuencia do anterior habería que considerar as previsibles limitacións de utilización do solo e do espazo aéreo, así como a vixilancia e intromisión na privacidade dos veciños, contaminación acústica e ambiental, etc.

Para aproveitar Trasmiras o interesante sería acadar a instalación de un club de voo de planadores, similar a o de Fuentemilanos (Segovia), con orografía parecida á de Xinzo, onde unha escola deste tipo ven tódolos anos, desde Alemaña, para practicar este belo e ecolóxico deporte en España.


Señores políticos, un pouco mais de seriedade, traten á xente como adultos, expliquen todo con transparencia, deixen que o pobo decida e sobre todo, non nos ceguen con milagres que agochan os seus intereses e non os dos veciños.

Mais información sobre o “monstro”  (definido desa maneira pola prensa):

http://es.wikipedia.org/wiki/MQ-1_Predator

http://espacioseuropeos.com/?p=1894

http://blogs.20minutos.es/enguerra/post/2006/11/28/aviones-tripulados-nuevos-protagonistas-las-guerras

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/05/28/0003_7746963.htm

http://www.aviaciondigitalglobal.com/noticia.asp?NotId=10408&NotDesignId=4