Skip to main content

Velenos "on de rocks"

Posted in

07-06-2009 - Ven ó caso polas denuncias efectuadas por parte dos apicultores nas que manifestan que as abellas están desaparecendo. A culpa seica é do uso de determinados pesticidas que, estando prohibidos no resto de Europa, no noso País no teñen limitación algunha de uso.


Tolerancia coas empresas químicas (e con moitas outras) que teñen os nosos “representantes”, tan preocupados eles co medio ambiente cando saen nos xornais. Pero hai moitos mais, por exemplo:

Enagás (enerxía “verde”) que ten subcontratada a unha outra empresa para que lles limpen os trazados dos gasoductos de “maleza”. Chámase Ecoespacio, nada menos.


Pois resulta que, mentres se corta e desbroza a vexetación que pode interferir cos tendidos eléctricos, Enagás e súa auxiliar, para non levar tanto traballo e acabar pronto (co que gañan mais cartos), en vez de cortar a vexetación, dedícanse a pulverizar herbicida.


Non respectan nin as proximidades dos ríos, o que está totalmente prohibido (unha das poucas restriccións da administración).

Pola información que temos, estas persoas que aplican o veleno, cando son cuestionados polos veciños, seica tratan de confundilos para evitar problemas, así parece ser que  acostuman afirmar que pertencen a “medio ambiente” ou que o veleno que aplican é inocuo (eso si mentres eles se protexen con sofisticadas máscaras).


Foille solicitado en diversas ocasións, incluso por escrito, que deixaran de envelenar as nosas terras e os nosos ríos, pero nada. Fan caso omiso. Veñen pola calada, esparexan o veleno e desaparecen.


O producto é tan exótico e eficaz que demora mais de dez días en amosar os resultados, así que é difícil saber cando estiveron. Ademais os seus efectos duran aproximadamente 3 (tres) anos, durante os caes a zona permanece estéril e completamente seca.


Acaban de botalo. Un todo terreo con un conductor e tres traballadoras, provistas de máscaras, poden percorrer mis de tres quilómetros de monte, por día, envelenando todo.

10-06-2009 - Por fin alguén tivo a detalle de dar a cara. A empresa Ecoespacio (Empresa dedicada á eliminación de pragas e de “malas herbas”) desprazou dúas persoas desde a súa sede en Valladolid para atender o asunto, cousa que agradecemos.

Intentaron convencernos da legalidade e da inocuidade dos productos químicos, concordamos co primeiro ( igual que no caso das insecticidas que matan abellas, debido á excesiva tolerancia da nosa administración) pero non co segundo ( o sufixo “cida”, igual que homicida, insecticida ou biocida, xa é auto definitorio). A utilización do producto nas marxes dos ríos, igual que acontece en outras ocasións, parece que foi debido a unha falla en atender as instruccións que se dan aos traballadores.

Comprometéronse a priorizar o sistema de desbroze en lugar de utilizar productos químicos, o que nos parece moi ben.


Botamos en falta a resposta que nos quedou en dar Enagás hai dez días, así como as razóns polas que non se respectou o acordo de 2006 cando xa se comprometeran a non utilizar herbicidas.
Tamén deducimos que Enagás debería dar prioridade á limpeza ecolóxica dos gasoductos, e en consecuencia destinar mais fondos a esa tarefa, en lugar de procurar o mínimo gasto posible o que podería ser unha das razóns polas que se están utilizando estes productos.

 

Outro exemplo:


Autovía recen estreada, de Ourense a Santiago. Seica teñen a “obriga” de corrixir o impacto visual das tremendas trincheiras e terrapléns que, como xa temos informado, ocasionan – para non levar tanto traballo facendo túneles e viaductos e así gañar mais cartos – durante a construcción desas “infraestructuras”.


Deberíamos esperar que se lles obrigaran a plantar vexetación autóctona, como herba, ou árbores propia da zona.


Pois non, os nosos “representantes” e comisionistas desas empresas, permítenlle que planten un tipo de herba esóxena, moi rara e de estrañas características que, entre outras propiedades ten a de que en seguida medra e dálle un color verde ós terrapléns, ese color verde dura poucos días, despois seca e queda unha “palla” de color “cola cao”, moi sospeitoso, xa que a herba autóctona mantense o ano enteiro, non rebrota, préstase a facilitar os incendios e ademais impide o crecemento da herba autóctona.


Pódese apreciar facilmente nas fotos adxuntas.


Pois todas esas “intervencións” no medio natural, prodúcense no principio do verán co conseguinte risco de incendios. Entre tanto, os responsables de medio ambiente, preocupándose polo noso "ben estar" e os "intereses do pobo". Xa lles vale...

 

Mais información:

http://www.vieiros.com/nova/74658/denuncian-o-uso-de-veleno-para-limpar-o-trazado-dos-gasodutos-no-monte

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/06/09/0003_7772868.htm

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009060900_16_336168__Portada-de-Ourense-Matar-Matar-denuncia-envenenamiento-montes-Punxin

http://www.soitu.es/soitu/2009/06/08/info/1244477708_684186.html