Skip to main content

De ovellas e ourizos

Posted in

10-06-2009 - Todo comezou con unha coñecida compañía de seguros (da que omitiremos o nome para evitar publicidade) á que se lle ocorreu utilizar a imaxe de un ourizo como símbolo da mesma. Precisamente o animal que resulta atropelado nas estradas en maior número. Tódolos veráns asistimos a unha auténtica carnicería de ourizos atropelados.


Un exemplo mais da insensibilidade e do uso egoísta que a especie humana fai dos animais.


Semella que unha boa política sería promover unha campaña de concienciación, cara aos conductores, para que teñan coidado de non atropelar a este entrañable animal que morre por miles debido á indiferencia dos automobilistas e que ademais non ten problema en atravesar as cercas de arame que se colocan nas marxes das autovías.


Pois non, utilizan a súa imaxe se maneira trivial, sen facer a mínima referencia á traxedia que sofren por culpa do automóbil.


Como tódalas cousas malas neste mundo teñen a insidiosa calidade de se reproducir, agora ven outra compañía de seguros mais, a se sumar ó mesmo tipo de explotación destas traxedias. Desta vez coas ovellas.


Dentro dos “perigos que o automobilista se pode atopar nas estradas”, agora tamén as ovellas son un deles. Igual que os cavalos, os xabarís, os raposos, os cans, etc. Nin se lles ocorre pensar na hipóteses de que quen está invadindo o espacio dos outros, privándoos de liberdade de movementos, deixándoos sen espacios mínimos para sobrevivir, e invadindo todo,  son os automóbiles a eles e non ao revés.

Sí, porque a noticia acostuma ser: "Cavalo ocasiona accidente..." ou "Accidente por culpa de un can que invadiu a cazada..." Nunca se fala de que os coches e o chapapote invaden todo.


Suxerimos a estas compañías de seguros, que tantos cartos gañan coa desgracia e a desaparición lenta e inexorable da fauna por causa do monstro que todo destrúe, que teñan un pouco de sensibilidade coa súa desgracia e aínda utilizando a súa imaxe, que promovan unha campaña de concienciación cara aos automobilistas para que lembren que, no mundo, existen outros seres vivos ademais do “atomobilis conductorum” (con perdón).

Vexa: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/06/10/0003_7774910.htm

Solución: Facer menos carreteras e autovías, pero polo que parece a cousa non vai por ahí, faltan cartos para casi todo, pero para os "peixes gordos" non:

http://www.laregion.es/noticia/93508/ourense/autovía/lugo/senado/josé/blanco/promesas/