joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Galicia ¡OLÉ! - Agora en Sarria | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Galicia ¡OLÉ! - Agora en Sarria

Posted in

21-06-2009 - Información, manifesto e teléfonos sobre a concentración de Sarria emitida polos organizadores: 

"Moi boas;
esperamos o voso apoio á manifestación convocada para o domingo 28 en Sarria.

En Lugo quedamos ás 11:00 diante da Estación de Autobuses para organizar a viaxe. Se hai xente que non teña coche non hai problema, alí nos repartiremos nos coches. Así xa pola mañá entregaremos panfletos á xente de Sarria para ir concienciando e xa comemos por alí.


Para os que prefirades ir despois do xantar, lembrade que a tourada está para as 18:30. Decidimos concentrarnos a partires das 16:00 na Outarela (en Sarria) ao pé da praza móbil.
Se queredes contactar con algún de nós:
- Nacho: 615679838

- Miguel: 646707434
Gracias. Esperamos a vosa participación."

14-06-2009 - Comunicado da "Plataforma contra as Touradas".

(Vexa tamén, para o 20 de xuño, concentración contra o Toro de Coria)

Despois de dous anos sen touradas, varios empresarios de hotelaria da vila, teiman con traer de novo a sua "festa nacional" . As touradas son unha lamentábel exaltación da violencia, da tortura e da morte de animais. As festas populares do san Xoan terán que conviver nas rúas con esta triste apoloxía da barbarie.

Dende logo que nestes dous anos ninguén en Sarria botou en falta as touradas. Un grupo de colectivos e persoas decidimos comezar a loita para que as touradas pasen a ser un mal recordo do pasado máis escuro desta vila.


Como ecoloxistas comprometid@s coa defensa dos animais, denunciamos o trato cruel e inumano que os touros receben no transcurso desta mal chamada festa. Durante o percurso da mesma, o touro é desgarrado, mutilado, torturado de diversas formas e asasinado tentando facer pasar como valentía a crueldade e a violencia contra os animais, nun alarde de cinismo hipócrita.


Opómonos radicalmente a esta festa por estar indisolubelmente ligada ao fascismo . Se ben é evidente que non naceu co golpe de estado do 36, lembremos como é que era chamada durante a Ditadura franquista: “La Fiesta Nacional”. Segue a ser o ponto de encontro da direita españolista, a sua festa estrela do ano, com todos os matizes que se queiran.


Constitui unha “festa” allea á nosa cultura. Pese os innumerabeis intentos por introducir as touradas como parte da imposición da cultura española, tan só existe unha praza no noso país, propiedade dunha empresa madrileña. A populación galega declárase nun 80% alleia ás touradas , tal e como amostran as enquisas, e o fracaso continuado das touradas itinerantes no último século evidencia a total oposición a esta apoloxia do martírio animal.


As touradas som unha festa marcadamente machista, como se pode analisar na figura do toureiro (no 99% dos casos sempre home), quen sai teoricamente a demonstrar o seu valor ante un animal moi perigoso, apresentándose como o cumio da gallardia e da chularia, como o epítome do macho ibérico. Por suposto, a plataforma non defende a igualdade de sexos a hora de protagonizar esta festa macabra, mais a sua completa erradicación.

AdjuntoTamaño
PANFLETO TOURADA SARRIA.doc27 KB